Lacerta
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Lagarto (homónimos).
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Lacerta (homónimos).
| Lacerta | |
|---|---|
| Nome Latino | Lagarto |
| Abreviatura | Lac |
| Xenitivo | Lacertae |
| Simboloxía | O Lagarto |
| Ascensión Recta | 22.5 h |
| Declinación | 45° |
| Área | 201 graos cadrados
Rango 68º |
| Número de estrelas
(magnitude < 3) |
0 |
| Estrela máis brillante | α Lacertae
(magnitude ap. 3.8) |
| Choiva de meteoros |
Ningunha |
| Constelacións
lindeiras |
|
| Visible en latitudes entre +90° e −35°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Outubro |
|
Lacerta (xenitivo Lacertae), o lagarto, é unha das 88 constelacións recoñecidas pola Unión Astronómica Internacional. Está situada a uns 20 graos ó leste de Deneb (α Cygni). O corpo do lagarto vai en dirección norte-sur. Foi recollida no atlas de Johannes Hevelius no 1690.
Índice |
Estrelas principais [editar]
- α Lacertae, a estrela máis brillante de magnitude +3,8 e cor branca, a 102 anos luz de distancia.
- β Lacertae, na punta de arriba do lagarto, só a cuarta estrela máis brillante, de magnitude 4,4 e cor amarelo-laranxa.
- 1 Lacertae, no extremo inferior da figura, a segunda estrela máis brillante con magnitude 4,1.
- 10 Lacertae, de magnitude 4,88, estrela azul 26.800 veces máis luminosa co Sol que se atopa a uns 1000 anos luz.
- AR Lacertae, é cunha magnitude 6.09, unha das variables RS Canum Venaticorum máis brillantes.
- DD Lacertae (12 Lacertae), estrela variable Beta Cephei de magnitude 5,25.
- EV Lacertae, anana vermella estrela fulgurante a 16,5 anos luz do sistema solar.
- ADS 16402, estrela binaria, cunha compoñente secundaria que ten un planeta extrasolar (HAT-P-1b).
- Roe 47, unha estrela múltiple que consiste en cinco compoñentes (magnitudes 5.8, 9.8, 10.1, 9.4, 9.8).
Obxectos Notables do espazo profundo [editar]
- Galaxia BL Lacertae, de magnitude 13, prototipo do tipo de galaxias (obxectos BL Lac) que emiten gran cantidade de enerxía.
- Cúmulo aberto NGC 7209, de magnitude 6,7 a 2900 anos luz de nós, ten uns 300 millóns de anos de idade.
- Cúmulo aberto NGC 7243, cunha extensión de 20 arcmin e magnitude 6,4 que se atopa a 2900 anos luz.
- NGC 7265, galaxia elíptica de magnitude 12,2 situada 2º ó sueste de 1 Lacertae; é a máis brillante dun triplete de galaxias.
Historia [editar]
Antes de que Johannes Hevelius adoptara o nome de Lacerta, outros nomes foron propostos para nomear a esta parte do firmamento. Entre eles Sceptrum et Manus Iustitiae (O Cetro e a man da Xustiza) e Frederici Honores, en alusión a Federico o Grande de Prusia. Sendo coma é unha constelación moderna, non ten mitoloxía asociada.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- The Deep Photographic Guide to the Constellations: Lacerta (en inglés)
- Star Tales – Lacerta (en inglés)
- Weasner's Mighty ETX Site, GO TO LACERTA (guía das constelacións para astrónomos afeccionados) (en inglés)
| As 88 constelacións modernas |
| Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula |