Estrela binaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Animación dunha binaria eclipsante.

Chámase estrela binaria a un par de estrelas próximas que están ligadas pola súa mutua atracción gravitatoria e xiran en torno ó centro de masas de ambas. Son maioría na nosa galaxia (en torno ó 60%) e existen tamén sistemas múltiples con tres ou máis estrelas.

As binarias pódense clasificar, segundo o modo de detectalas, en:

  • visuais, pódense ver separadas por medios ópticos,
  • eclipsantes, se se observa unha variación no seu brillo debido a que se eclipsan cada certo tempo,
  • espectroscópicas, nas que hai que percorrer ó estudo do espectro electromagnético da luz que emiten.
  • astrométricas, detectadas grazas á astrometría, neste tipo de casos só é visible unha das compoñentes da binaria. A outra é detectada grazas ó "tirón" gravitatorio exercido polo súa compañeira invisible

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]