Ophiuchus
| Ophiuchus | |
|---|---|
| Nome Latino | Ophiuchus |
| Abreviatura | Oph |
| Xenitivo | Ophiuchi |
| Simboloxía | O portador da serpe |
| Ascensión Recta | 17 h |
| Declinación | 0° |
| Área | 948 graos cadrados
Rango 11 |
| Número de estrelas
(magnitude < 3) |
5 |
| Estrela máis brillante | α Oph (Ras Alhague)
(magnitude ap. 2,1) |
| Choiva de meteoros |
|
| Constelacións
lindeiras |
|
| Visible en latitudes entre +80° e −80°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Xullo |
|
Ofiuco ou Ophiuchus (o portador da serpe) é unha das 88 constelacións modernas, e xa era unha das 48 listadas por Ptolomeo. Pode verse en ambos hemisferios entre os meses de abril a outubro por ficar sobre o ecuador celeste. Ophiuchus tamén era chamada antigamente Serpentarius (/ˌsɚpənˈtɛəriəs/), nomes respectivamente en grego e en latín que significan o mesmo, o portador da serpe.
Ó norte de Ofiuco atopase Hércules, o suroeste Saxitario (Sagittarius) e ó sueste Escorpio (Scorpius); ó leste atopase a Cabeza da Serpe (Serpens Caput) e Libra, mentres co oeste quedan Aguia (Aquila), Escudo de Sobieski (Scutum) e a Cola da Serpe (Serpens Cauda). A constelación queda flanqueada pola Cabeza e a Cola da Serpe, que pode ser considerada coma unha única constelación: Serpe (Serpens), que a atravesa. O conxunto resultante é un home rodeado por unha serpe.
Índice |
Estrelas principais [editar]
- α Ophiuchi (Ras Alhague ou Rasalhague), a máis brillante da constelación con magnitude 2,09 e de cor branca; situada preto de Ras Algethi (α Herculis) ó norte da constelación.
- β Ophiuchi (Cebalrai), de magnitude 2,77 e cor alaranxada, situada tamén ó norte da constelación.
- δ Ophiuchi (Yed Prior), de magnitude 2,73 e cor vermella, situada ó sur da constelación e preto da cabeza da serpe.
- ε Ophiuchi (Yed Posterior), moi preto de Yed Prior e de magnitude 3,23, unha estrela xigante de cor amarela.
- ζ Ophiuchi, a terceira máis brillante da constelación (magnitude 2,54), estrela do raro tipo espectral O (azul escuro).
- η Ophiuchi (Sabik), a segunda máis brillante con magnitude 2,43, estrela binaria branca da secuencia principal.
- λ Ophiuchi (Marfik), estrela tripla situada no cóbado de Ofiuco.
- X Ophiuchi, sistema binario composto por unha variable Mira e unha xigante laranxa separadas uns 0,5 segundos de arco.
- RS Ophiuchi, nova recorrente formada por unha xigante vermella e unha anana branca. O seu brillo incrementase a intervalos irregulares varios centos de veces nuns poucos días. Pensase que está apunto de converterse nunha supernova tipo-1a.[1]
- 70 Ophiuchi e 36 Ophiuchi, sistemas estelares próximos á Terra, o primeiro a 16,6 anos luz e o segundo a 19,5 anos luz.
- Estrela de Barnard, a segunda estrela máis próxima ó sistema solar a 5,96 anos luz, unha anana vermella de brillo feble non visible a simple vista.
- Gliese 628 (Wolf 1061), anana vermella a 13,81 anos luz.
- Gliese 673, anana laranxa a 25,2 anos luz.
Obxectos Notables do espazo profundo [editar]
- SN 1604 (Supernova de Kepler), supernova que tivo lugar no ano 1604.
- Os cúmulos globulares M10 e M12 ó norte, ambos de cor amarela polas estrelas xigantes vermellas e alaranxadas.
- Os cúmulos globulares M9 e M107, este último preto do plano galáctico a unha distancia de uns 20.000 anos luz; ambos ó sur da constelación.
- NGC 6240, galaxia luminosa no infravermello, remanente da fusión de dúas galaxias menores.
- NGC 6369, nebulosa planetaria coñecida tamén coma Nebulosa do Pequeno Espírito ou da Pequena Pantasma.
- Nebulosa M2-9 (tamén coñecida como Nebulosa dos Chorros Xemelgos e Nebulosa As de Bolboreta), unha nebulosa planetaria bipolar que no seu centro posúe unha estrela binaria.
- Tamén cita-lo cúmulo aberto IC 4665, o cúmulo NGC 6633, e os cúmulos globulares M14, M19, M62.
No 2005, astrónomos que usaban datos do Telescopio Green Bank descubriron unha superburbulla tan longa que se estende máis ala plano da galaxia .[2] É chamada a Superburbulla de Ophiuchus.
En abril do 2007, os astrónomos anunciaron que o satélite de fabricación sueco Odin fixera a súa primeira detección de nubes de osixeno molecular no espazo, seguindo unha pescuda na constelación de Ophiuchus.[3]
En aproximadamente 40.000 anos a Voyager 1 probablemente pasara a uns 1,6 anos luz da estrelas AC+79 3888, a cal está situada en Ophiuchus.[4]
Historia [editar]
Esta constelación, coñecida dende antigüidade, é unha das 48 constelacións descritas por Ptolomeo. Era coñecida tamén coma Serpentarius, a forma latina do seu nome.
O evento máis importante ocorrido na historia de Ophiuchus é a Supernova do 1604, a cal foi obsevada por primeira vez no 9 de Outubro do 1604, preto de θ Ophiuchi. Johannes Kepler viuna e estudouna de forma intensiva dende o 16 de Outubro, de tal xeito que esta supernova pasou a ser chamada a Supernova de Kepler. Publicou ós seus descubrimentos nun libro titulado De stella nova in pede Serpentarii (A nova estrela no pe de Ophiuchus). Galileo usou a súa breve aparición para rebati-lo dogma de Aristóteles de que o firmamento era inmutable.
Ocorreu só 32 ano despois doutra supernova ocorrida en in Cassiopeia que fora observada por Tycho Brahe; a última supernova ocorrida con anterioridade fora no 1054 (ver Nebulosa do Cangrexo), e despois de Kepler non houbo máis novas visibles a simple vista ata o 1987 (ver Supernova 1987a.)
Mitoloxía [editar]
Na mitoloxía grega Ofiuco correspondese con Asclepio, fillo do deus Apolo e a humana Corónide. Este desenrolou tal habilidade na medicina, que se dicía que era capaz incluso de resucitar ós mortos. Moi ofendido por esto, Hades pidiulle Zeus que o matase por viola-la orde natural das cousas, Zeus accedeu á petición. Non obstante, coma homenaxe á súa valía, decidiu situalo no ceo rodeado pola serpe, símbolo da vida renovada.
Véxase tamén [editar]
Notas [editar]
- ↑ Star 'soon to become supernova'. BBC News, 2006-07-23
- ↑ "Huge 'Superbubble' of Gas Blowing Out of Milky Way". PhysOrg.com. 2006-01-13. http://www.physorg.com/news9882.html. Consultado o 2008-07-04.
- ↑ Molecular Oxygen Detected For The First Time In The Interstellar Medium
- ↑ Voyager - Mission - Interstellar Mission
Ligazóns externas [editar]
- The Deep Photographic Guide to the Constellations: Ophiuchus (en inglés)
- Star Tales – Ophiuchus (en inglés)
| As 88 constelacións modernas |
| Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula |
| Nomes Obsoletos de Constelacións |
|
Apis | Phoenicopterus | Serpentarius | Vespa | Xiphias |