Cassiopeia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Casiopea (homónimos).
Cassiopeia
Cassiopeia
Nome Latino Casiopea
Abreviatura Cas
Xenitivo Cassiopeiae
Simboloxía A Raiña
Ascensión Recta 1 h
Declinación +60°
Área 598 graos cadrados

Rango 25º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

4
Estrela máis brillante α Cas (Schedar)

(magnitude ap. 2.23)

Choiva de meteoros
Constelacións

colindantes

Visible en latitudes entre +90° e −20°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Novembro

Cassiopeia é unha constelación do norte ten coma característica inconfundible a súa forma de M ou W. Ó ser tan doado o recoñecela é moi usada para busca-lo Norte cando a Osa Maior non é visible.

Índice

[editar] Estrelas principais

[editar] Obxectos Notables do espazo profundo

  • NGC 457, cúmulo aberto ó suroeste de Ksora (δ Cas) na M. AR: 01h 19m 06.0s Dec: +58°20'00" (Época 2000).
  • NGC 436, cerca do anterior, é mellor observalo con telescopios grandes. AR: 01h 15m 36.0s Dec: +58°49'00" (Época 2000).
  • M103 (NGC 581), cúmulo de magnitude 7 localizado ó nordeste de Ksora (δ Cas). AR: 01h 33m 12.0s Dec: +60°42'00" (Época 2000).
  • M52 (NGC 7654), cúmulo aberto a 5º ó noroeste de Caph (β Cas). AR: 23h 24m 12.0s Dec: +61°35'00" (Época 2000).
  • NGC 7635, nebulosa de emisión con forma de burbulla. AR: 23h 20m 42.0s Dec: +61°12'00" (Época 2000).
  • NGC 7789, cúmulo aberto. AR: 23h 57m 00.0s Dec: +56°44'00" (Época 2000).
  • NGC 147 e NGC 185, galaxias ananas que forman parte do Grupo Local. Ambas son satélites da galaxia de Andrómeda.
  • Dwingeloo 1 e Dwingeloo 2, galaxias relativamente próximas pero descubertas só recentemente ó estar visualmente cerca do plano da Vía Láctea.
  • IC 10 galaxia anana cun burato negro denominado IC 10 X-1 (desc. 2007)
A constelación de Cassiopeia

[editar] Mitoloxía

Casiopea é a nai de Andrómeda e muller de Cefeo, rei de Etiopía. A raíña Casiopea facía fachenda da beleza da súa filla e comparábaa coas Nereidas, fillas do deus do mar Nereo. Estas, indignadas por tal atrevemento, pedíronlle a Poseidón vinganza e el coma resposta enviou ó monstro mariño (Cetus) ás costas do país causando grandes males.

Para enfrontarse a esta situación, Cefeo consulta ó oráculo de Amón, quen aconsellou sacrificar a Andrómeda colocándoa atada a unha rocha nun acantilado para que fora vítima do monstro.

Así, Andrómeda é ofrecida a Cetus. Perseo, que viña de regreso da súa viaxe despois de derrotar a Medusa, divisou á vítima e no acto namorouse dela. Propusolle ó rei liberala, a cambio de que se lle concedese a súa man; Perseo mata ó monstro e posteriormente casase con Andrómeda.

[editar] Vésase tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


As 88 constelacións modernas
Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas