Sagitta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sagitta
Sagitta
Nome Latino Sagita
Abreviatura Sge
Xenitivo Sagittae
Simboloxía A Frecha
Ascensión Recta 19.8333 h
Declinación 18.66°
Área 80 graos cadrados

Rango 86º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

0
Estrela máis brillante γ Sge

(magnitude ap. 3.47)

Choiva de meteoros

Ningunha

Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +90° e −70°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Agosto

Sagitta, a frecha, é unha das tres constelacións máis pequenas, despois de Equuleus e Crux. Atopase dentro do perímetro do Triángulo de Verán, o gran asterismo formado por Deneb (α Cygni), Vega (α Lyrae) e Altair (α Aquilae). Localizada non moi ó norte do ecuador, esta constelación é visible dende calquera parte da Terra excepto no Círculo Polar Antártico.

Índice

Estrelas principais [editar]

Obxectos Notables do espazo profundo [editar]

Historia [editar]

No pasado A Farsa (Sham) designaba a toda a constelación no canto de só a α Sge. Esta constelación é un dos casos onde Johann Bayer errou ó nomea-la estrela máis brillante nun simple status γ. Outro exemplo do mesmo tipo de erro dáse na constelación Sagittarius.

Mitoloxía [editar]

Os antigos hebreos, persas, árabes, gregos e romanos xa consideraron que este grupo de estrelas era unha frecha.

Segundo Eratóstenes, era a frecha que Apolo utilizou para matar ós Cíclopes, en vinganza porque o seu fillo Asclepio fora matado. Apolo despois escondeu a frecha no país dos hiperbóreos e recuperouna despois de que Zeus o tivese perdoado por este acto unha vez que Apolo rematara de servir ó rei Admeto.

É lembrada coma a tradicional frecha coa que Hércules matou a aguia (Aquila) de Xúpiter que devoraba a perpetuidade ó fígado de Prometheus. A frecha atopase un pouco abaixo da Aguia. Algúns ven a frecha apuntando ó leste e outros o oeste. En concordancia coa historia de Aquila, esta debería apuntar ó oeste, ameazando á Aguia. Outro pensaban que a frecha era o disparo efectuado por Hércules contra os paxaros de Estínfalo (6ª tarefa) que tiñan plumas, pico e garras de aceiro, e vivían de carne humana nas marismas de Arcadia. Algunhas veces tamén é tomada por unha frecha de Cupido.

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]

Bibliografía [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
As 88 constelacións modernas
Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula