Lynx (constelación)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Lynx | |
|---|---|
| Nome Latino | Lince |
| Abreviatura | Lyn |
| Xenitivo | Lyncis |
| Simboloxía | O Lince |
| Ascensión Recta | 8 h |
| Declinación | +45° |
| Área | 545 graos cadrados
Rango 28 |
| Número de estrelas
(magnitude < 3) |
0 |
| Estrela máis brillante | α Lyn
(magnitude ap. 3,14) |
| Choiva de meteoros |
Ningunha |
| Constelacións
lindeiras |
|
| Visible en latitudes entre +90° e −55°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Marzo |
|
Lince (en inglés Lynx) é unha constelación do Hemisferio norte, introducida no século XVII por Johannes Hevelius. A orixe do nome debese á pouca luminosidade das súas estrelas, pois precísanse ter ollos de lince para pode-la ver. Para localizar ó Lince hai que buscar entre dúas constelacións moi luminosas, a Ursa Major e Auriga.
Índice |
Estrelas principais [editar]
- α Lyncis (Elvashak), con magnitude 3,1 é a estrela máis brillante da constelación. É unha xigante vermello-alaranxada a 220 anos luz.
- 38 Lyncis (Maculosa), a segunda estrela máis brillante con magnitude 3,82, de cor branca.
- 10 Ursae Majoris, a pesar do seu nome actualmente está englobada na constelación de Lynx; con magnitude 3,97 é a terceira máis brillante da mesma.
- 12 Lyncis, estrela tripla onde a compoñente principal ten magnitude 5,4 e a secundaria magnitude 6.
- RR Lyncis, variable eclípsante cun brillo que varía entre magnitude 5,5 e 6 nun ciclo duns dez días.
Obxectos Notables do espazo profundo [editar]
- Cúmulo globular NGC 2419, de magnitude 10,4 e moi distante da Terra (300.000 años luz).
- Galaxia espiral NGC 2683, localizada 6º ó oeste de α Lyncis.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
| As 88 constelacións modernas |
| Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula |