Canis Major

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Canis major
Canis major
Nome Latino Canis major
Abreviatura CMa
Xenitivo Canis Majoris
Simboloxía Can Grande
Ascensión Recta 7 h
Declinación −20°
Área 380 graos cadrados

Rango 43°

Número de estrelas

(magnitude < 3)

5
Estrela máis brillante Sirius (α CMa)

(magnitude ap. −1.46)

Choiva de meteoros

Ningunha

Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +60° e −90°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Febreiro

O Can Maior é unha constelación que vai detrás (máis ó leste) do gran cazador, de nome Orión. Dise que representa a un dos cans de Orión o cazador (ver tamén as constelacións de Orión, Canis Minor, e Canes Venatici.) Canis Major contén a Sirius, a estrela máis brillante do firmamento, a estrela é parte do chamando Triángulo de Inverno do Hemisferio Norte, ou Triángulo de Verán no Hemisferio Sur.

Índice

Estrelas principais [editar]

Obxectos notables do espazo profundo [editar]

  • M41 (NGC 2287). AR: 06h 46m 00.0s Dec: -20°44'00" (Época 2000). Cúmulo aberto de preto de 80 estrelas brillantes a 4º ó sur de Sirio, visible a simple vista.
  • NGC 2362. AR: 07h 18m 48.0s Dec: -24°57'00" (Época 2000). Cúmulo aberto composto por unhas 60 estrelas; apreciase coma unha nebulosidade ó redor da máis brillante delas, τ Canis Majoris.
  • NGC 2280, a galaxia máis brillante da constelación, unha espiral barrada situada 3º ó noroeste de Adhara (ε Canis Majoris).
  • NGC 2217, unha galaxia espiral barrada que se atopa 3º ó norte de Furud (ζ Canis Majoris).
  • NGC 2207, outra galaxia espiral barrada de magnitude 10,8 situada a 3,5º ó suroeste de Murzim (β Canis Majoris).

Mitoloxía [editar]

Imaxen da constelación de Canis Maior.

Hai diversas identificacións que se propuxeron para o Can Maior:

  • Un can que lle agasallou Zeus a Europa, que pasou a varias xeracións posteriores ata que se converteu no can de Céfalo. Durante a persecución da Raposa de Teumeso, foi convertido por Zeus en pedra e logo colocado entre as constelacións.
  • A cadela Mera, de Icario e Erígone. Atopou os corpos sen vida dos seus amos e cós seus laios atraeu á xente para que lles deran sepultura. Dioniso púxoa entre as constelacións.

Sirio, nome significa abrasador, chamada a estrela can, é a máis brillante do firmamento só superada en brillo aparente pola Lua e os planetas Venus, Xúpiter e Marte. Debido a que durante o verán é invisible, pensábase entón que a súa enerxía se lle sumaba a do sol para produci-los días máis calorosos ou días de can (sol canicular).

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]

As 88 constelacións modernas
Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula