Pictor
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Pictor | |
|---|---|
| Nome Latino | Pictor |
| Abreviatura | Pic |
| Xenitivo | Pictoris |
| Simboloxía | O Cabalete |
| Ascensión Recta | 4h 32m - 6h 51m h |
| Declinación | −43 - −64° |
| Área | 247 graos cadrados
Rango 59º |
| Número de estrelas
(magnitude < 3) |
0 |
| Estrela máis brillante | α Pic
(magnitude ap. +3,27) |
| Choiva de meteoros |
Ningunha |
| Constelacións
lindeiras |
|
| Visible en latitudes entre +26° e −90°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Xaneiro |
|
Pictor (latín para o cabalete de pintor) é unha das constelacións austrais máis pequenas (declinación -50 a -60). Contén a estrela β Pictoris que está rodeada por un disco de po.
Índice |
Historia [editar]
Dado que foi creada por Nicolas Louis de Lacaille no século XVII, non foi visible para culturas antigas ou clásicas polo que non ten mitoloxía relacionada.
Estrelas [editar]
Estrelas principais [editar]
- α Pictoris, estrela subxigante branca de magnitude 3,24, a máis brillante da constelación, situada a 99 anos luz.
- β Pictoris, estrela branca de magnitude 3,85 con un disco protoplanetario de 500 UA de diámetro ó redor dela. Atopase a 63 anos luz da Terra.
- γ Pictoris, xigante laranxa de magnitude 4,50, a terceira estrela máis brillante da constelación.
- δ Pictoris, con magnitude 4,72, unha estrela binaria espectroscópica cun período orbital de 1,673 días. As súas compoñentes son unha xigante azul e unha estrela quente do tipo O.
- RR Pictoris, nova que estourou no en 1925 e coñecida coma Nova Pictoris, acadou magnitude 1,25. É fácil de atopar a 1º37' ó suroeste de α Pictoris.
- TX Pictoris (HD 37434), estrela variable eruptiva RS Canum Venaticorum cun brillo varia entre magnitude 6,08 e 6,12.
- AB Pictoris (HD 44627), nova anana laranxa cunha acompañante que pode que sexa unha anana marrón ou un planeta xigante.
- Estrela de Kapteyn (VZ Pictoris), estrela subanana vermella, a estrela do halo galáctico máis próxima ó sistema solar e a segunda estrela con maior movemento propio entre tódalas coñecidas, distante 12,8 anos luz.
Outras estrelas con designación de Bayer [editar]
- ζ Pic 5,44; θ Pic 6,26; η1 Pic 5,37; η2 Pic 5,05; ι Pic – estrela dobre 5.58, 6,42; κ Pic 6,10; λ Pic 5,30; μ Pic 5,69; ν Pic 5,60
Estrelas con designación de Flamsteed [editar]
- 61 Pic 5,20
Estrelas con planetas [editar]
- HD 41004, sistema estelar composto por unha anana laranxa e unha anana vermella; ó redor da primeira delas descubriuse un planeta extrasolar, e ó redor da segunda unha anana marrón.
Obxectos Notables do espazo profundo [editar]
- NGC 1705, galaxia anana irregular a 17 millóns de anos luz da Terra.
Ligazóns externas [editar]
- Star Tales – Pictor (en inglés)
- Pictor @ Stargazing (en inglés)
| As 88 constelacións modernas |
| Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula |