Chamaeleon
| Chamaeleon | |
|---|---|
| Nome Latino | Chamaeleon |
| Abreviatura | Cha |
| Xenitivo | Chamaeleontis |
| Simboloxía | Camaleón |
| Ascensión Recta | 11 h |
| Declinación | −80° |
| Área | 132 graos cadrados
Rango 79 |
| Número de estrelas
(magnitude < 3) |
0 |
| Estrela máis brillante | γ Cha
(magnitude ap. 4,1) |
| Choiva de meteoros |
Ningunha |
| Constelacións
lindeiras |
|
| Visible en latitudes entre +0° e −90°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Abril |
|
Chamaeleon (latín de Camaleón) é unha constelación menor do Sur. A constelación foi unha das vinte constelacións creadas por Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre os anos de 1595 e 1597, e a súa primeira aparición foi no libro Uranometria de Johann Bayer de 1603.
Índice |
Estrelas principais [editar]
- α Chamaeleontis, estrela branco-amarela, a máis brillante da constelación con magnitude 4,05.
- γ Chamaeleontis, estrela xigante vermella, a segunda máis brillante con magnitude 4,09.
- δ Chamaeleontis, designación de Bayer utilizada para dúas estrelas distintas: δ1 Chamaeleontis, unha xigante laranxa de magnitude 5,46, e δ2 Chamaeleontis, subxigante branco-azulada de magnitude 4,45. Están separadas algo máis de 4 minutos de arco.
- ε Chamaeleontis, estrela dobre de magnitude 4,88, onde as súas compoñentes están moi preto entre si, están a unha distancia de 1 segundo de arco.
- θ Chamaeleontis, estrela dobre onde as compoñentes, de magnitudes 4,35 e 12,44, atópanse separadas 31 segundos de arco.
- OTS 44, anana marrón cun disco protoplanetario.
Outras estrelas con designación de Bayer [editar]
- β Cha 4,24; ζ Cha 5,07; η Cha 5,46; ι Cha 5,34; κ Cha 5,04; μ Cha 5,53; μ2 Cha 6,60; ν Cha 5,43; π Cha 5,64
Estrelas con designación de Flamsteed [editar]
- 9 Cha 6,05
Obxectos Notables do espazo profundo [editar]
- NGC 3195 AR: 10h 09m 30.0s Dec: -80°52'00" (Época 2000). Nebulosa planetaria entre δ Chamaeleontis e ζ Chamaeleontis.
En 1999, un cúmulo aberto próximo á nós foi descuberto centrado na estrela η Chamaeleontis. O clúster, máis coñecido coma o Cúmulo Enta Chamaeleontis ou Mamajek 1, ten unha idade de 8 millóns de anos, e está a unha distancia de 316 anos luz da terra.[1] A constelación contén un número variado de nebulosas moleculares (as nebulosas escuras de Chamaeleon) que forman a masa difusa ou de baixa densidade das estrelas T Tauri. O complexo nebular comprende entre 400 a 600 anos luz da Terra, é contén decenas de miles de veces a masa do Sol en gas e po.
Véxase tamén [editar]
Citas [editar]
- ↑ Luhman, K.L. & Steeghs, D. 2004, ApJ, 609, 917
Ligazóns externas [editar]
- The Deep Photographic Guide to the Constellations: Chamaeleon (en inglés)
- "The eta Chamaeleontis Cluster: A Remarkable New Nearby Young Open Cluster" (Mamajek, Lawson, & Feigelson 1999) (en inglés)
- "WEBDA open cluster database entry for Mamajek 1" (en inglés)
- Star Tales – Chamaeleon (en inglés)
| As 88 constelacións modernas |
| Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula |