Orión (constelación)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Orion
Orion
Nome Latino Orion
Abreviatura Ori
Xenitivo Orionis
Simboloxía Orión
Ascensión Recta 5 h
Declinación
Área 594 graos cadrados

Rango 26º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

8
Estrela máis brillante Rigel (β Orionis)

(magnitude ap. 0,12)

Choiva de meteoros
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +85° e −75°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Xaneiro

click para alonga-la imaxe
Créditos: Mouser Williams

Orión, o cazador, é unha constelación prominente, quizais a máis coñecida do ceo. As súas estrelas brillantes e visibles dende ambos hemisferios en inverno fan que esta constelación sexa recoñecida universalmente.

Orión atópase preto da constelación do río Eridanus e apoiado polos seus dous cans de caza Canis Major e Canis Minor loitando coa constelación de Taurus.

Índice

Estrelas principais [editar]

Obxectos Notables do espazo profundo [editar]

O Complexo de Nubes Moleculares de Orión. é unha xigantesca estrutura de hidróxeno, po, plasma e estrelas nacentes que abarca a meirande parte da constelación. O complexo situado a unha distancia de 1.500 anos luz da Terra está formado por nebulosas de emisión, nebulosas de reflexión, nebulosas escuras e rexións HII. Destaca especialmente por ser unha rexión de intensa formación estelar e polas extraordinarias nebulosas que la forman:

Localizando outras estrelas [editar]

Usando Orion para atopar estrelas nas constelación veciñas

Orión é moi útil para localizar outras estrelas. Estendendo a liña do cinto cara ó sueste, Sirius (α CMa) pode ser atopada; cara ó noroeste, Aldebaran (α Tau). Unha liña cara ó este atravesando ós ombreiros de Orión indican a dirección de Procyon (α CMi). Unha liña a partir de Rigel pasando a través de Betelgeuse apunta a Castor e Pollux (α Gem e β Gem). Adicionalmente, Rigel é parte do Círculo de Inverno. Sirius e Procyon, as cales poden ser atopadas dende Orión trazado liñas, tamén son puntos tanto dentro do Triángulo de Inverno coma do Círculo.[1]

Mitoloxía [editar]

Na mitoloxía grega, Orión, o gran cazador, fillo de Poseidón (Deus do Mar) e Euriale, era coñecido por liberar ó mundo das bestas, e dicíase que era tan alto que podía cruzar o mar camiñando polo leito mariño sen perder pé. Sen embargo, o seu poder, orgullo e prepotencia, convertérono nun ser presumido que afirmaba que ninguén podería derrotalo. Tal arrogancia despertou a ira da Deusa Hera, quen ordenou a Escorpión que o mordera no talón para ferilo de morte. Escorpión mordeulle e Orión matouno co seu garrote. Dende entón ámbolos dous son inimigos e ocupan posicións diametralmente opostas na bóveda celeste: cando Orión sae, Escorpión ocultase.

Noutra versión, Orión foi un xigante que naceu dos ouriños dos deuses Zeus, Poseidón e Hermes. Un día os deuses visitaron a un ancián chamado Hirieo que non podía ter fillos pero desexaba ter un. En agradecemento pola súa hospitalidade concederonlle-lo seu desexo: ouriñaron na pel do boi que tiña comido. Cando remataron dixéronlle que enterrara a pel e que dentro de nove meses tería ó seu fillo. Despois do prazo mencionado naceu un neno que foi chamado Orión en lembranza dos ouriños que o tiñan enxendrado.[2]

Existen máis versións do mito de Orión. Unha delas contase que Orión violara a Mérope, filla de Enopión, por este feito Enopión deixaría cego a Orión. Helios devolveríalle a vista e a continuación Orión converteuse en compañeiro de caza de Artemisa e Leto. Prometeu aniquilar todo animal que existise sobre a terra, polo que Gea enfadouse e fixo nacer un escorpión enorme que trabou a Orión e lle deu morte. Noutra versión foi Artemisa a que lanzou o escorpión contra Orión.[3]

Existe outra tradición que sostiña que Artemisa estaba namorada de Orión, feito que espertou os celos en Apolo, irmán xemelgo de Artemisa. Un día Apolo, vendo a Orión o lonxe, fixo unha aposta coa súa irmá a que non podía atinarlle cunha frecha ó animal (ou a un punto brillante lonxe no océano, noutra versión) que se movía ó lonxe dentro dun bosque (ou moi lonxe no mar). Artemisa lanzou a súa frecha e deu, coma sempre, no branco. Cando foi ver a súa presa, deuse conta de que matara ó seu amado Orión. Foi tan grande a súa tristura, os seus laios e pesares que decidiu colocar a Orión no ceo para consolarse.[4]

Outra lenda conta que Orión acosaba ás Pléiades, fillas do titán Atlas, polo que Zeus colocounas no ceo. Aínda parece que, no ceo, Orión continúa perseguindo ás Pléiades.[5]

Orión está representado por un guerreiro alzando o seu arco, a súa espada ou garrote e cubríndose do inimigo cun vélaro ou escudo. Ó seu carón atópanse ós seus cans de caza: Canis Major e Canis Minor.

Na mitoloxía exipcia a constelación de Orion representaba ó deus Osiris.

Orión noutros contextos [editar]

Na literatura fantástica de J.R.R. Tolkien, Orión é coñecido coma Menelgavor ou Menélmacar e representa xa sexa a Eonwë, heraldo dos deuses, ou a Túrin, un heroe tráxico no libro O Silmarillion.

Véxase tamén [editar]

Bibliografía [editar]

Outros artigos [editar]

Citas [editar]

  1. Orion Constellation
  2. Ovidio. Fastos v, 499.
  3. Eratóstenes. Catasterismos, xxxii.
  4. Higino. Astronomía ii, 34, 3.
  5. Higino. Astronomía ii, 21, 4.

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
As 88 constelacións modernas
Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula