Caelum
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Caelum | |
|---|---|
| Nome Latino | Caelum |
| Abreviatura | Cae |
| Xenitivo | Caeli |
| Simboloxía | O cincel |
| Ascensión Recta | 5 h |
| Declinación | −40° |
| Área | 125 graos cadrados
Rango 81º |
| Número de estrelas
(magnitude < 3) |
0 |
| Estrela máis brillante | α Cae
(magnitude ap. 4.45) |
| Choiva de meteoros |
Ningunha |
| Constelacións
lindeiras |
|
| Visible en latitudes entre +40° e −90°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Xaneiro |
|
Caelum (o buril, cincel ou ceo, en latín) é unha constelación menor do hemisferio sur, introducida por Nicolas Louis de Lacaille que se atopa entre Columba e Eridanus. Representa un cincel, instrumento para traballar metais, pedra e outros materiais.
Caelum é unha constelación de pouca relevancia, sen ningunha estrela por riba da cuarta magnitude. É a oitava constelación máis pequena do firmamento, cunha área lixeiramente inferior á da Corona Australis. Ten pouco que ofrecer para o astrónomo afeccionado, pódese destacar γ Caeli, binaria óptica que se pode ver cun pequeno telescopio.
Índice |
[editar] Estrelas principais
- α Caeli, a estrela máis brillante da constelación con magnitude 4,44 é unha estrela binaria formada por unha estrela branco-amarela e unha feble anana vermella de magnitude 12,5. Ambas compoñentes están separadas 6 segundos de arco.
- β Caeli, estrela branco-amarela de magnitude 5,04 de características moi similares á compoñente máis brillante de α Caeli.
- γ Caeli, denominación compartida por dúas estrelas distintas. γ1 Caeli, de magnitude 4,55 e é a segunda estrela máis brillante da constelación, e tamén é unha xigante laranxa a 185 anos luz. γ2 Caeli, tamén chamada X Caeli, é unha estrela variable Delta Scuti que se atopa a 334 anos luz.
- RV Caeli, xigante vermella e variable irregular cun brillo que oscila entre magnitude 6,44 e 6,56.
[editar] Obxectos Notables do espazo profundo
- NGC 1679. AR: 04h 50m 00.0s Dec: -31°59'00" (Época 2000). Galaxia espiral, dous graos ó sur de ζ Caeli.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- http://usuarios.lycos.es/astro114/OBSERVACION-CAELUM.htm (en castelán)
- Starry Night Photography - Caelum Constellation (en inglés)
- Star Tales – Caelum (en inglés)
| As 88 constelacións modernas |
| Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula |