Pavo (constelación)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Pavo | |
|---|---|
| Nome Latino | Pavo |
| Abreviatura | Pav |
| Xenitivo | Pavonis |
| Simboloxía | O Pavo |
| Ascensión Recta | 20 h |
| Declinación | −65° |
| Área | 378 graos cadrados
Rango 44º |
| Número de estrelas
(magnitude < 3) |
1 |
| Estrela máis brillante | α Pav (Joo Tseo, Pavo)
(magnitude ap. 1.94) |
| Choiva de meteoros | |
| Constelacións
lindeiras |
|
| Visible en latitudes entre +30° e −90°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Agosto |
|
Pavo, é unha constelación do Hemisferio sur. A constelación foi unha das doce constelacións creadas por Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre 1595 e 1597, e apareceu por primeira vez no libro Uranometria de Johann Bayer do 1603.
Índice |
[editar] Estrelas
[editar] Estrelas principais
- α Pavonis (Peacock), a estrela máis brillante da constelación con magnitude 1,94, é unha estrela binaria espectroscópica de cor azul a 183 anos luz de distancia.
- γ Pavonis, anana amarela de magnitude 4,21 a 30 anos luz da Terra. Algo máis quente e significativamente máis antiga co Sol, é un dos obxectivos prioritarios dentro da procura de planetas terrestres.
- δ Pavonis, de magnitude 3,55, estrela amarela da secuencia principal ou subxigante a só 20 anos luz de distancia.
- κ Pavonis, estrela variable W Virginis, cun brillo que varía entre magnitudes de 3,91 e 4,78.
- φ Pavonis, denominación que atinxe a dúas estrelas distintas: φ1 Pavonis, estrela de magnitude 4,8, e φ² Pavonis, anana amarela cun planeta no confirmado orbitando ó seu redor.
- HD 181433, anana laranxa onde foron atopados un planeta extrasolar do tipo "Super-Terra" e un planeta do tipo xigante gaseoso.
- SCR 1845-6357, sistema formado por una anana vermella e unha anana marrón a 12,57 anos luz de distancia da Terra.
[editar] Outras estrelas con Designación de Bayer
- β Pav 3.42; ε Pav 3.97; ζ Pav 4.01; θ Pav 5.71; η Pav 3.61; ι Pav 5.47; λ Pav 4.22; μ1 Pav 5.75; μ2 Pav 5.32; ν Pav 4.63; ξ Pav 4.35; ο Pav 5.06; π Pav 4.33; ρ Pav 4.86; σ Pav 5.41; τ Pav 6.25; υ Pav 5.14; ω Pav 5.14
[editar] Obxectos Notables do espazo profundo
- NGC 6752, espectacular cúmulo globular a 13.000 anos luz, o terceiro cúmulo globular máis grande en tamaño aparente.
- NGC 6744, semellante á Vía Láctea, é unha das galaxias espirais máis grandes observadas. Está situada 3º o sueste de λ Pavonis.
- NGC 6782, galaxia espiral barrada.
[editar] Historia
Dado que foi creada no século XVII e non foi visible para culturas mediterráneas, non hai mitoloxía asociada a esta constelación.
[editar] Ligazóns externas
- Star Tales – Pavo (en inglés)
| As 88 constelacións modernas |
| Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula |