Scutum
| Scutum | |
|---|---|
| Nome Latino | Scutum |
| Abreviatura | Sct |
| Xenitivo | Scuti |
| Simboloxía | Escudo de Xoán III Sobieski |
| Ascensión Recta | 19 h |
| Declinación | -10° |
| Área | 109 graos cadrados
Rango 84º |
| Número de estrelas
(magnitude < 3) |
0 |
| Estrela máis brillante | Alfa (α) Scuti
(magnitude ap. 3,85) |
| Choiva de meteoros | |
| Constelacións
lindeiras |
|
| Visible en latitudes entre +80° e −90°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Agosto |
|
| {{{notas}}} | |
Scutum, ou escudo, é unha pequena constelación do hemisferio sur celeste. É unha das 88 constelacións aceptadas pola Unión Astronómica Internacional. Foi creada por Johannes Hevelius no 1690 baixo o nome de Scutum Sobiescii ou Scutum Sobiescianum (o "escudo de Sobieski"), para honrar o rei e heroe polaco Xoán III Sobieski. É a única constelación moderna que se asocia a unha figura histórica.
Cunha área de 109 graos cadrados, Scutum é a quinta constelación de menor tamaño. A máis brillante das súas estrelas é Alfa (α) Scuti (mag. 3.85). Porén, a Vía Láctea atravésaa, e unha das súas rexións máis brillantes localízase no extremo nordeste desta constelación. Esta área comunmente recibe o nome de Nube Estelar de Scutum.
Índice |
Mitoloxía [editar]
Scutum é unha constelación moderna, foi inventada a finais do século XVII. Por isto, non ten ningún elemento mitolóxico asociado a ela. Con Coma Berenices é unha das poucas constelacións que fan referencia a unha figura histórica no canto de facer referencia a unha figura mitolóxica ou a un obxecto.
Estrelas principais [editar]
| Nome | Mag. | α (X2000.0) |
δ (X2000.0) |
Distancia anos luz |
Comentarios |
|---|---|---|---|---|---|
| Alfa (α) Scuti | 3,85 | 18h 35m 12,4s | −08° 14' 39" | 174 | |
| Beta (β) Scuti | 4,22 | 18h 47m 10,5s | −04° 44' 52" | 690 |
|
| Delta (δ) Scuti, ADS 11581 |
4,70v | 18h 42m 16,4s | −09° 03' 09" | 187 |
|
| R Scuti | 5,38 | 18h 47m 29,0s | −05° 42' 18" |
|
|
| Struve 2325, ADS 11414 |
5,72 | 18h 31m 25,7s | −10° 47' 45" |
|
|
| PSR 1829 | 18h 32m 40,9s | −10° 21' 34" |
Mag. = Magnitude aparente | α = ascensión recta | δ = declinación
Fonte: The Bright Star Catalogue, 5ª ed. revisada., Catálogo de Hiparco, ESA SP-1200
Obxectos Notables do espazo profundo [editar]
Scutum posúe varios cúmulos abertos e globulares, así coma algunhas nebulosas planetarias. Entre os cúmulos galácticos máis notables atópanse M11 (NGC 6705), o "Cúmulo dos Patos Salvaxes", e M26 (NGC 6694). O cúmulo globular NGC 6712 e a nebulosa planetaria IC 1295 atópanse na parte leste desta constelación, a tan só 24 minutos de arco de separación.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Ian Ridpath and Wil Tirion (2007). Stars and Planets Guide, Collins, London. ISBN 978-0007251209. Princeton University Press, Princeton. ISBN 978-0691135564.
Ligazóns externas [editar]
| As 88 constelacións modernas |
| Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula |