Vela (constelación)
| Vela | |
|---|---|
| Nome Latino | Vela |
| Abreviatura | Vel |
| Xenitivo | Velorum |
| Simboloxía | A Vela |
| Ascensión Recta | 9 h |
| Declinación | −50° |
| Área | 500 graos cadrados
Rango 32º |
| Número de estrelas
(magnitude < 3) |
5 |
| Estrela máis brillante | γ Vel (Suhail Al Muhlif)
(magnitude ap. 1,6) |
| Choiva de meteoros | |
| Constelacións
lindeiras |
|
| Visible en latitudes entre +30° e −90°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Marzo |
|
Vela é unha constelación austral, unha das catro partes na que foi dividida a constelación de Argo Navis (o navío Argos), sendo as outras Carina (a quilla), Puppis (a popa) e Pyxis (o compás marítimo).
Índice |
Características notables [editar]
Vela comparte a designación de Bayer das súas estrelas coas outras tres constelacións que formaban parte da Argo Navis, polo que non ten estrelas α o β. a súa estrela máis brillante é γ Velorum, de magnitude 1.75, un sistema estelar quíntuplo cunha compoñente principal que é a estrela de Wolf-Rayet máis brillante do firmamento. Nesta constelación atopase AI Velorum, prototipo dun grupo de estrelas púlsantes denominadas variables AI Velorum.
A identificación óptica do Pulsar de Vela, asociado ó Resto da Supernova de Vela, foi a proba directa da relación entre supernovas e pulsares.
Estrelas principais [editar]
- γ Velorum (Regor ou Suhail Al Muhlif), a estrela máis brillante da constelación con magnitude 1,75. É un sistema estelar cunha compoñente principal (γ2 Velorum) é a estrela de Wolf-Rayet máis brillante e próxima.
- δ Velorum, segunda estrela máis brillante con magnitude 1,95 é un sistema estelar formado por unha estrela binaria eclípsante e unha anana branco-amarela.
- κ Velorum, de magnitude 2.47, estrela subxigante branco-azulada.
- λ Velorum (Suhail ou Alsuhail), terceira estrela máis brillante da constelación con magnitude 2.23, unha superxigante laranxa a 570 anos luz.
- μ Velorum, de magnitude 2.69, estrela binaria formada por unha xigante amarela e unha anana amarela.
- ο Velorum, a estrela máis brillante do cúmulo IC 2391, tamén chamado Cúmulo de Ómicron Velorum.
- φ Velorum (Tseen Kee), de magnitude 3.52, superxigante branco-azulada a case 2000 anos luz de distancia.
- ψ Velorum, estrela binaria con dúas compoñentes brancas separadas 0,68 segundos de arco.
- N Velorum (HD 82668), xigante laranxa de magnitude 3,13.
- e Velorum (HD 73634), xigante luminosa branca de magnitude 4,17.
- AI Velorum, estrela variable púlsante prototipo dun grupo de variables que levan o seu nome (variables AI Velorum).
- IM Velorum, variable Alfa2 Canum Venaticorum de oscilacións rápidas; xunto ó período principal de 2,85 días a estrela amosa pulsacións cada 11,67 minutos.
- HD 75289 (HR 3497), anana amarela cun planeta extrasolar.
- HD 83443, anana laranxa cun planeta cunha órbita moi próxima á estrela.
- Gliese 320, anana laranxa distante 36,3 anos luz do Sistema Solar.
- V390 Velorum, estrela en rápida transición dende xigante vermella a anana branca.
- CPD-57 2874 (CD-57 3107), superxigante azul vella que está comezando a desprenderse da súa envoltura externa.
Obxectos Notables do espazo profundo [editar]
- Nebulosa planetaria NGC 3132, situada na fronteira con Antlia, tamén é coñecida coma Nebulosa do Anel do Sur e é considerada a versión meridional da Nebulosa do Anel de Lyra.
- Resto da Supernova de Vela, no centro da cal fica o Pulsar de Vela, esta nebulosa nacida da explosión dunha nova é posible que se poda ver dende a Terra dende hai uns 10.000 anos; o pulsar foi o primeiro en ser identificado opticamente.
- Nebulosa de Gum, unha nebulosa de emisión difícil de observar, créese que pode se-lo resto dunha nova ocorrida hai un millón de anos aproximadamente.
- IC 2391 (Cúmulo de Ómicron Velorum), cúmulo aberto visible a simple vista.
Historia [editar]
Vela é unha das catro constelacións que formaban parte da vella constelación de Argo Navis, o barco dos Argonautas, evidentemente esta constelación fai referencia á vela do citado navío.
Falsa Cruz [editar]
δ Velorum e κ Velorum, xunto con Avior (ε Carinae) e Aspidiske (ι Carinae) forman o asterismo da Falsa Cruz, versión aumentada pero máis feble da Cruz del Sur, a confusión entre ambas ás veces da lugar a erros ó usa-las estrelas para a orientación e navegación.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Ian Ridpath and Wil Tirion (2007). Stars and Planets Guide, Collins, London. ISBN 978-0007251209. Princeton University Press, Princeton. ISBN 978-0691135564.
- Richard Hinckley Allen, Star Names, Their Lore and Legend, New York, Dover, varias datas.
- "Vela", unha canción de Eugene McGuinness do álbum The Early Learnings of Eugene McGuinness (2008).
Outros artigos [editar]
Mitoloxía [editar]
Para revisa-la mitoloxía desta constelación, a mellor forma é visita-los artigos adicados ó mito do navío Argo Navis, mandado facer por Xasón a Argos; navío co don da fala e a profecía que lle serviu a Xasón para ir á busca do vélaro de ouro xunto coa súa tripulación, os míticos Argonautas.
Astronomía [editar]
Para máis información sobre a desmantelada Argo Navis e ás súas compoñentes revise ós seguintes artigos:
- Argo Navis
- Carina
- Pyxis
- Puppis
- Malus, constelación obsoleta que era parte de Argo Navis, a cal facía referencia ó mastro do navío.
- - Ligazóns externas a Argo Navis:
Ligazóns externas [editar]
| As 88 constelacións modernas |
| Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula |