Eridanus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eridanus
Eridanus
Nome latino Eridanus
Abreviatura Eri
Xenitivo Eridani
Simboloxía O Río Stargate SG·1 symbol 29.svg
Ascensión recta 3,25 h
Declinación −29°
Área 1138 graos cadrados

Rango 6º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

4
Estrela máis brillante Achernar (α Eri)

(magnitude ap. 0,45)

Choiva de meteoros

Ningunha

Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +32° e −90°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Dicembro

Eridanus, nome en grego antigo para o río Po, é a sexta constelación máis grande das 88 constelacións modernas. Tamén é unha das 48 constelacións de Ptolomeo.

Obxectos notables en Eridanus[editar | editar a fonte]

Achernar[editar | editar a fonte]

No seu extremo austral está a estrela de primeira magnitude Achernar (α Eri). Achernar é unha estrela moi peculiar porque é unha das estrelas máis planas coñecidas. As observacións indican que o seu radio é case un 50% máis longo no ecuador ca nos polos. Isto débese a que a estrela rota a unha gran velocidade.

Epsilon Eridani[editar | editar a fonte]

Outra estrela ben coñecida en Eridanus é Epsilon Eridani, que se ten feito moi popular na ciencia ficción porque está relativamente preto e é semellante ó Sol. Tamén se sabe que posúe ó menos un planeta, que é un xigante gasoso, coma Xúpiter.

O Superbaleiro de Eridanus[editar | editar a fonte]

O Superbaleiro de Eridanus é o superbaleiro foi descuberto en agosto do 2007. Dun diámetro aproximado dun billón de anos luz, é con moito o superbaleiro (ausencia de galaxias) máis grande coñecido ata o momento no universo, e representa todo un desafío a explicar polas teorías da orixe e formación do universo. Foi descuberto ligando unha mancha fría ou burato frío na radiación de fondo de microondas (tamén denominada radiación cósmica de microondas ou radiación do fondo cósmico) cunha ausencia de radio galaxias nos datos dunha pescuda estelar no US National Radio Astronomy Observatory's Very Large Array.[1] Lánzanse tamén hipóteses de que este baleiro podería ser un Entrelazado cuántico entre o noso universo e un Universo paralelo.[2] [3] [4]

Mitoloxía[editar | editar a fonte]

O rio Eridanus.

Eridanus asóciase con dous mitos gregos, ambos derivados da forma da constelación. Ás veces considerábase a Eridanus coma un río que se alimentaba das augas de Aquarius; neses casos Aquarius miraba a Eridanus (o que requiría cambiar de ángulo e a conexión entre as estrelas de Aquarius para que as súas augas foran Eridanus).

Eridanus relacionábase sobre todo co mito de Faetón, quen tomou o carro voador de Helios (o Sol), pero non tivo forza dabondo para controlalo, e foise en diferentes direccións. O resultado é que ás veces o carro se aproximase moito á terra, creando desertos e queimándolle-la pel os humanos (un mito que explica a pel dos etíopes). Zeus interveu derribando a Faetón cun lóstrego. A constelación foi considerada orixinalmente como parte do camiño atravesado por Faetón; despois foi considerada como o río no que caeu. Os mitógrafos antigos discutían se se trataba do río Po ou do Nilo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ian Ridpath; Wil Tirion (2007). Stars and Planets Guide. Collins,. 978-0-00-725120-9. Princeton: Princeton University Press. ISBN 978-0-691-13556-4. 
  • Star Names, Their Lore and Legend, Richard Hinckley Allen, New York, Dover, various dates

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Eridanus

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

As 88 constelacións modernas
Andrómeda · Antlia · Apus · Aquarius · Aquila · Ara · Aries · Auriga · Boötes · Caelum · Camelopardalis · Cáncer · Canes Venatici · Canis Major · Canis Minor · Capricornus · Carina · Cassiopeia · Centaurus · Cepheus · Cetus · Chamaeleon · Circinus · Columba · Coma Berenices · Corona Australis · Corona Borealis · Corvus · Crater · Crux · Cygnus · Delphinus · Dorado · Draco · Equuleus · Eridanus · Fornax · Gemini · Grus · Hércules · Horologium · Hydra · Hydrus · Indus · Lacerta · Leo Minor · Leo · Lepus · Libra · Lupus · Lynx · Lyra · Mensa · Microscopium · Monoceros · Musca · Norma · Octans · Ophiuchus · Orión · Pavo · Pegasus · Perseus · Phoenix · Pictor · Pisces · Piscis Austrinus · Puppis · Pyxis · Reticulum · Sagitta · Sagittarius · Scorpius · Sculptor · Scutum · Serpens · Sextans · Taurus · Telescopium · Triangulum Australe · Triangulum · Tucana · Ursa Major · Ursa Minor · Vela · Virgo · Volans · Vulpecula