Alpha Centauri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alpha Centauri relative sizes.svg

Alpha Centauri (α Centauri / α Cen), tamén coñecida coma Rigil Kentaurus ou Toliman, é unha estrela de magnitude 0, a cuarta máis brillante do ceo que se atopa a só 4,4 anos luz da Terra. É un sistema estelar triplo onde a estrela secundaria pode ser vista cun telescopio de mediana apertura. A terceira compoñente denomínase Próxima Centauri, unha anana vermella cun vinteavo do diámetro solar a 4,2 anos luz do Sol.