Ano luz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un ano luz é unha unidade de lonxitude, utilizada en astronomía, que corresponde á distancia percorrida no vacuo pola luz durante un ano. Máis precisamente, é a distancia percorrida por un fotón no vacuo a unha distancia infinita de calquera campo gravitatorio ou magnético, nun ano gregoriano medio e a unha velocidade de 299.792.458 m/s.

Para calcular o valor en quilómetros dun ano luz utilízase a velocidade indicada (299.792.458 m/s) e como tempo un Ano Gregoriano Medio (ver Calendario gregoriano) con 365,2425 días. Así temos que o ano luz mide 9.460.536.207.068,016 km (aproximadamente 9,46 billóns de quilómetros); ou ben 63.241 unidades astronómicas (UA).

Outras unidades empregadas para medir distancias espaciais son o Parsec (equivalente a 3,26 anos luz) e mais o segundo luz.

Aclaracións a ter en conta[editar | editar a fonte]

Non se debe confundir esta unidade de lonxitude (do espazotempo) con unha unidade de tempo, por exemplo, de xeito ordinario dise que "a luz bota case 8,3 minutos en chegar do Sol á Terra", o certo e que extrictamente falando dirase "a distancia entre o Sol e a Terra é aproximadamente de 8,3 minutos luz" tendo en conta a órbita elíptica da Terra arredor do Sol.

De feito, un fotón sae emitido pola fusión do hidróxeno en helio, tarda varios miles de anos en sair ao exterior do sol, e acadaría a velocidade da luz no baleiro se houbese tal baleiro a nivel atómico entre o Sol e a Terra, o que non acontece na realidade (incluindo ademais campos gravitatorios e magnéticos). O erro basease no fondo no uso que facemos do sistema de referencia newtoniano, onde o espazo é absoluto e o tempo támen é absoluto como magnitudes distintas.

Dun xeito mais profundo, escolleuse a "C" (a velocidade da luz no baleiro) como base para o cálculo da lonxitude no espazo-tempo (hoxe só subxiste o modelo einsteniano) ao ser a única constante que manten a coherencia -é invariante- nun espazo relativista e nun tempo relativista (a única medida na que dous observadores poden estar de acordo cando se moven un respecto do outro, espazotemporalmente) onde o espazo-tempo é unha única magnitude absoluta. Polo que cando falamos de ano luz falamos dunha unidade de lonxitude do espazotempo, e nón é unha unidade de lonxitude do espazo newtoniano nin de medida do tempo newtoniano. Para unha mellor comprensión da xeometría do espazotempo ver os artigos relatividade xeral e relatividade especial.

Escolleuse "a distancia percorrida no baleiro pola luz durante un ano" para facer unha "vara" para medir o espazo-tempo. Aínda que alguén viaxara a unha velocidade relativista -preto da velocidade da luz- da Terra ao Sol e do Sol a Terra, seguiría a existir para el unha distancia de 8,3 minutos luz en cada viaxe, uns 16,6 minutos luz en total, o que se contraería sería o tempo, por iso na paradoxa dos xemelgos, o que quedou na Terra e mais vello (a paradoxa comprobouse experimentalmente con reloxos atómicos).

Feitos varios[editar | editar a fonte]

  • A distancia media entre o Sol e a Terra é aproximadamente de 8,3 minutos luz, equivale a 1 unidade astronómica.
  • A sonda espacial máis distante, Voyager 1 estaba a 12,5 horas luz de distancia da Terra en xaneiro de 2004.
  • A estrela máis próxima coñecida, Proxima Centauri está a 4,22 anos luz de distancia.
  • Plutón está a 4 horas luz.
  • Alpha Centauri atópase a 4,3 anos luz.
  • Vega está a 26 anos luz.
  • A nosa galaxia, a Vía Láctea, ten case 100.000 anos luz de diámetro.
  • O universo observable dende a Terra e as suas proximidades (en termos astronómicos aínda estamos na porta da casa) ten un radio de case 13.700 millóns de anos luz. Isto é porque segundo o Big Bang o universo se creou hai máis de 13.700 millóns de anos (cunha incerteza de +/- 200 millóns de anos) e é imposible obter unha imaxe do ceo mais aló dese momento. O universo expándese en todas as direccións á medida que pasa o tempo, pois a meirande parte das galaxias afástanse, tal como o acredita o corremento ao vermello.

Como a nosa galaxia ten 100.000 anos luz de diámetro, unha nave espacial hipotética, viaxando próxima á velocidade da luz, precisaría de pouco máis de 100.000 anos para cruzala. Mentres que, iso só é verdade para un observador en repouso con relación á galaxia; a tripulación da nave espacial faría esa viaxe en apenas algúns minutos. Iso por causa da dilatación temporal dos reloxos en movemento explicada pola teoría da relatividade especial. Por outro lado, a tripulación vería unha contracción da distancia da galaxia: do punto de vista deles, a galaxia aparentaría moi curta (na relatividade especial), esta cuestión levou a Einstein a elaborar a relatividade xeral, neste caso a distancia percorrida pola nave é a mesma en anos luz.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]