Telefilme

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un telefilme é un filme realizado para ser emitido por televisión.[1]

O formato apareceu en Estados Unidos a principios da década de 1960 para incentivar aos epectadores para que veran na casa unha película equivalente ás longametraxes exhibidas en salas de cinema.

Os telefilmes adoitan teren orzamentos menores que o das películas realizadas para o cinema, pero contan cun número de xéneros e temas tan amplos como as obras cinematográficas.

Ás veces os telefilmes concíbense como episodios especiais de series de televisión en curso coa intención de atraer máis audiencia, ou ben como secuelas de longametraxes de cine. Con frecuencia ródanse como telefilmes os episodios piloto das series de televisión.

Nalgúns países como o Reino Unido ou España prodúcense numerosos telefilmes cada. No caso de España os primeiros telefilmes existosos datan dos anos 1980, destacando Fortunata y Jacinta, de Mario Camus, sobre a novela de Benito Pérez Galdós, e Os gozos e as sombras, de Rafael Moreno Alba, baseada na novela Los gozo y las sombras de Gonzalo Torrente Ballester (que supervisou a adaptación),

Caraterísticas[editar | editar a fonte]

A ficción é a base para a construción dun telefilme. Poden ser historias creadas por un guionista, baseadas nunha novela ou nalgún feito real, pero en todos os casos mostrados como ficcións.

O tratamento estético está fundado de maneira similar ao do cine. Pese a que a maioría dos telefilmes non están grabados en soportes cinematográficos, a calidade da imaxe ten a nitidez dunha película. Isto débese aos tratamentos e adicións de filtros en postprodución.

Os movementos da cámara son os característicos de cine, entre eles o travelling sobre raíles, grúas e steadycam, entre outros. O tratamento artístico e a fotografía é moi detallado, e difire en todos os aspectos co dunha telenovela. O manexo da iluminación, escenografía, vestiario, maquillaxe, etc. denotan un gran traballo que arrequece o produto final, até niveis nunca antes pensados para a televisión.

Ademais, utilizan moitos escenarios naturales, que xeran unha alta credibilidade e verosimilitude nos televidentes.

O tratamento do son, a musicalización e os efectos sonoros, demostrou nos telefilmes que a música é unha boa xeradora de sensacións, que até nalgún momento pode chegar a xerar máis sensacións que un diálogo.

Ademais de todas estas características tiradas do cine, o telefilme ten certos detalles televisivos. A creación do guión é distinta: está pensado para os cortes publicitarios. Isto fai que o guionista deba colocar, nos momentos xustos, antes de cada corte publicitario, un punto de tensión ou atracción para que o televidente non cambie de canle.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Segrave. Kerry (1999): Movies at Home: How Hollywood Came to Television. Jefferson, North Carolina: McFarland & Company. ISBN 0786406542.
  • Canton, Maj (1994): The Complete Reference Guide to Movies and Miniseries Made for TV and Cable 1984-1994. Fair Oaks, California: Adams-Blake Publishing. ISBN 1883422442.
  • Marill, Alvin H. (1980): Movies Made For Television: The telefeature and the mini-series, 1964-1979. New York: Arlington House Publishers. ISBN 0870004514.

Notas[editar | editar a fonte]