Botánica

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Botánico»)

Froito de Myristica fragrans, unha especie nativa Indonesia, é a fonte dunha especie moi valiosa, a noz moscada.

A botánica, (do grego βοτάνη = herba) ou fitoloxía (do grego φυτόν = planta e λόγος = tratado), é unha rama da bioloxía e é a ciencia que se ocupa do estudo das plantas.[1] O concepto de vexetal, que estaba claro en tempos de Aristóteles, quedou esvaecido polo avance do coñecemento, chegándose a definir como todo aquilo que estuda a botánica. Na práctica, os botánicos estudan as plantas, as algas e os fungos. No campo da botánica, hai que distinguir entre a botánica pura, cuxo obxecto é ampliar o coñecemento da natureza; e a botánica aplicada, cuxas investigacións están ao servizo da tecnoloxía agraria, forestal, farmacéutica etc.

A botánica cobre un amplo abano de contidos, que inclúen aspectos específicos propios dos vexetais; das disciplinas biolóxicas que se ocupan da composición química (fitoquímica); a organización celular (citoloxía vexetal) e tisular (histoloxía vexetal); do metabolismo e o funcionamento orgánico (fisioloxía vexetal), do crecemento e o desenvolvemento; da morfoloxía (fitografía); da reprodución; da herdanza (xenética vexetal); das enfermidades (fitopatoloxía); das adaptacións ao ambiente (ecoloxía), da distribución xeográfica (fitoxeografía ou xeobotánica); dos fósiles (paleobotánica) e da evolución.

Alcance e importancia da botánica[editar | editar a fonte]

Como para outros organismos vivos, a vida dos vexetais pódese estudar desde diferentes perspectivas, como pode ser a molecular, á xenética pasando polo estudo específico da ultraestrutura organular e celular e a anatomía tisular, a organografía (anatomía macroscópica), a xeobotánica e a ecoloxía vexetal. En cada un destes niveis o botánico pode deterse na clasificación, a estrutura anatómica, ou as funcións (fisioloxía) das plantas.

Historicamente, a botánica abarca todos os organismos que non eran considerados animais. Entre estes están os fungos (estudados pola micoloxía), as bacterias (estudadas en paralelo pola microbioloxía), e as algas (estudados pola ficoloxía). As algas, os fungos e as bacterias non se denominan actualmente plantas pero, salvo no caso destas últimas, ninguén discute que son materia para a botánica.

Significado da ciencia botánica[editar | editar a fonte]

A maior parte dos nosos alimentos proveñen (directa ou indirectamente) de plantas, como este arroz americano.

Os distintos grupos de vexetais participan de xeito fundamental nos ciclos da biosfera. Plantas e algas son os produtores primarios, responsables da captación de enerxía solar da que depende toda a vida terrestre, da creación de materia orgánica e tamén, como subproduto, da xeración do osíxeno que alaga a atmosfera e xustifica que case todos os organismos saquen vantaxe do metabolismo aerobio.

Alimentar o mundo[editar | editar a fonte]

Case todo o que comemos vén das plantas, xa sexa directamente de alimentos básicos como froita e vexetais, ou indirectamente a través do gando, que é alimentado polas plantas que compón o forraxe. Noutras palabras, as plantas son a base de toda a cadea trófica, ou o que ecólogos chaman o primeiro nivel trófico. Entendendo como as plantas producen o que comemos é importante coñecer o seu papel para ser capaces de alimentar ao mundo e prover seguridade alimentaria para futuras xeracións. Non todas as plantas son beneficiosas aos humanos, a maleza é considerada daniña para a agricultura e a botánica prové ciencia básica para mitigar o seu impacto. A etnobotánica é o estudo destas e outras relacións entre plantas e persoas.

Entendendo os procesos biolóxicos fundamentais[editar | editar a fonte]

As plantas son susceptibles de ser estudadas nos seus procesos fundamentais (como a división celular e síntese proteica por exemplo), pero sen os problemas éticos que supón estudar animais ou seres humanos. As leis da herdanza foron descubertas deste xeito por Gregor Mendel, que estudou como se herda a morfoloxía do chícharo. As leis descubertas por Mendel a partir do estudo de plantas coñeceron desenvolvementos posteriores, e aplicáronse sobre as propias plantas para conseguir novas variedades beneficiosas. Outro estudo clásico efectuado en plantas foi o realizado por Barbara McClintock, que descubriu os 'xenes saltaríns' (ou transposóns) estudando o millo. Son exemplos que mostran como a botánica tivo unha importancia capital para o entendemento dos procesos biolóxicos fundamentais.

Aplicacións das plantas[editar | editar a fonte]

Moitas dos nosos medicamentos e algunhas drogas, como o cánnabis, veñen directamente do reino vexetal. Outros produtos medicinais derívanse de substancias de orixe vexetal; así, a aspirina é un derivado do ácido salicílico, que orixinalmente se obtiña da cortiza de salgueiro. A investigación sobre produtos farmacéuticamente útiles nas plantas é un campo activo de traballo que rende bos resultados. Estimulantes populares como o café (polo seu contido en cafeína), o chocolate, o tabaco (pola nicotina), e o teñen orixe vexetal. Moitas bebidas alcólicas derivan da fermentación de plantas coma o orxo e a uva da videira.

As plantas tamén fornecen moitos materiais, coma o cotón, a madeira, o papel, o liño, o aceite vexetal, algúns tipos de cordas e plásticos. A produción de seda non sería posible sen o cultivo de árbores coma as moreira. A cana de azucre e outras plantas foron recentemente empregadas como biomasa para produciren unha enerxía renovable alternativa ao combustible fósil.

Entendemento de cambios ambientais[editar | editar a fonte]

As plantas tamén poden axudar ao entendemento dos cambios do ambientais de moitas formas.

  • Entendemento da destrución de hábitat e de especies en extinción depende dun catalogo completo e exacto de plantas, da sistemática e taxonomía.
  • Resposta das plantas a radiación ultravioleta pode monitorear problemas como os buracos na capa de ozono.
  • A análise de pole depositado por plantas en miles de millóns de anos atrás pode axudar aos científicos a reconstruír os climas do pasado e prognosticar o futuro, unha parte esencial de investigacións sobre cambios climáticos.
  • Recompilar e analizar o tempo, ciclo de vida é importante para a fenoloxía usado para a investigación de cambios climáticos.
  • Liques, sensibles ás condicións atmosféricas, teñen un uso extensivo como indicadores de contaminación.
  • As plantas poden servir como ‘sensores’, unha especie de “sinais temperáns de aviso” que dean a alerta sobre cambios importantes no ambiente.
  • Para rematar, as plantas son sumamente valoradas no aspecto recreativo para millóns de persoas que gozan do seu uso na xardinería, a horticultura e a arte culinaria.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia da botánica.

Disciplinas[editar | editar a fonte]

Subdisciplinas da botánica[editar | editar a fonte]

Disciplinas relacionadas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para botánica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Buchanan, B.B., Gruissem, W & Jones, R.L. (2000) Biochemistry & molecular biology of plants. American Society of Plant Physiologists ISBN
  • Crawford, R. M. M. (1989). Studies in plant survival. Blackwell. ISBN 0-632-01475-X
  • Crawley, M. J. (1997). Plant ecology. Blackwell Scientific. ISBN
  • Ennos, R and Sheffield, E Plant life, Blackwell Science, ISBN Introduction to plant biodiversity
  • Fitter, A & Hai, R Environmental physiology of plants 3rd edition Sept 2001 Harcourt Publishers, Academic Press ISBN
  • Lawlor, D.W. (2000) Photosynthesis BIOS ISBN
  • Matthews, R. E. F. Fundamentals of plant virology Academic Press,1992.
  • Mauseth, J.D.: Botany : an introduction to plant biology. Jones and Bartlett Publishers, ISBN - A first year undergraduate level textbook
  • Raven, P.H, Evert R.H and Eichhorn, S.E: Biology of Plants, Freeman. ISBN - A first year undergraduate level textbook
  • Richards, P. W. (1996). The tropical rainforest. 2nd ed. C.Ou.P. (Pbk) ISBN £32,50
  • Ridge, I. (2002) Plants Oxford University Press ISBN
  • Salisbury, FB and Ross, CW: Plant physiology Wadsworth publishing company ISBN
  • Stace, C. A. A new flora of the British Isles. 2nd ed. C.Ou.P.,1997. ISBN
  • Strange, R. L. Introduction to plant pathology. Wiley-VCH, 2003. ISBN
  • Taiz, L. & Zeiger, E. (1998). Plant physiology. 3rd ed. Agosto 2002 Sinauer Associates. ISBN
  • Walter, H. (1985). Vegetation of the earth. 3rd rev. ed. Springer.
  • Willis, K (2002) The evolution of plants Oxford University Press ISBN £22-99

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]