Dicotiledónea

Na Galipedia, a wikipedia en galego.


Magnoliopsida - Dicotiledóneas
Au tas botanic 1379.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
Filo: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Nome científico
-
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

Magnoliopsida é un taxón de plantas que foi empregado en sistemas de clasificación moi populares como o de Cronquist (Cronquist 1981,[1] 1988[2]), os subtaxóns que o conforman coinciden cas dicotiledóneas (chamadas de este xeito por teren durante as primeiras etapas do desenvolvemento dous cotiledóns), que polo tanto é un sinónimo de este taxón. Polo tanto chámaselles dicotiledóneas ás plantas que teñen un embrión con dous cotiledóns que ó desenvolvérense darán lugar a dúas folliñas. As dicotiledóneas forman unha das grandes clases nas que se dividen as anxiospermas, a outra é monocotiledóneas.

As dicotiledóneas están formadas por 5 grupos monofiléticos, o maior de eles foi chamado Eudicotyledoneae (eu- quere dicir "verdadeiro"). As eudicotiledóneas comprenden o 75% das especies de anxiospermas[Cómpre referencia], e posúen moitos dos caracteres que antes se atribuiran ás dicotiledóneas, como o pole tricolpado (e os derivados de éste).

Índice

[editar] Caracteres

Ademais de ter dous cotiledóns, as dicotiledóneas caracterízanse por, nervación foliar reticular e partes florais normalmente en múltiplos de catro ou de cinco. Existen máis de cento setenta e cinco mil especies de plantas pertencentes a esta clase. Exemplos de dicotiledóneas son o nabo, a verza, e o feixón.

Os caracteres pertencentes á anxiosperma ancestral e perdidos na póla da que se orixinaron as monocotiledóneas son:

  • a radícula do embrión non aborta como nas monocotiledóneas senon que da orixe a unha raíz primaria persistente (nas monocotiledóneas a función de absorción é levada a cabo polas raíces adventicias),
  • no corte transversal do tallo ("estela") obsérvase que o xilema e o floema dispóñense formando un anel, según un patrón chamado eustela (a diferencia da atactostela das monocotiledóneas),
  • os nervos das follas forman patróns pinados ou palmados ("venación reticulada") a diferencia das monocotiledóneas que adquiriron unha venación paralela,
  • os verticilos das flores fican formados por 4 o 5 pezas xeralmente (en troques de 3 como nas monocotiledóneas),

Un carácter que tradicionalmente foi atribuido ás dicotiledóneas, que é o pole tricolpado e os derivados de éste (nas monocotiledóneas o polen é monosulcado), en realidade é un carácter orixinado nun subgrupo das dicotiledóneas chamado Eudicotyledoneae, sendo o polen do resto das dicotiledóneas monosulcado, que é como se atopan nas monocotiledóneas (e na anxiosperma ancestral).

A presenza de algúns caracteres considerados tradicionalmente característicos das dicotiledóneas, atópanse tanto nas dicotiledóneas como nas ximnospermas, polo tanto son plesiomorfías de todas as plantas con semente, que foron perdidas nas monocotiledóneas, a saber:

  • a presenza de dous ou máis cotiledóns nos embrións, a diferencia das monocotiledóneas que posúen só un,
  • o tallo medra en grosor con formación de leña ou madeira ("crecemento secundario"), a diferencia das monocotiledóneas que perderon a capacidade de medrar en grosor de este xeito (algunhas monocotiledóneas, como as palmeras, medran en grosor por aumento do tejido parenquimático, sen formación de leña).

[editar] Anatomía

Dicotiledóneas e Monocotiledóneas

[editar] Follas

As follas das dicotiledóneas presentan un limbo e un pecíolo, e a miúdo son compostas. Unha das características que as distinguen das monocotiledóneas é a disposición dos nervos, xeralmente reticulada, cun nervo central groso do que parten outros máis finos (existen excepcións a esta norma).

[editar] Talos

Na sección transversal dos talos poden verse os feixes de vasos condutores, que se encargan de transportar a auga e as sales minerais, dispostos en círculo. As dicotiledóneas comprenden vexetais leñosos e herbáceos. Os talos dos primeiros teñen porte arbustivo, se se ramifican dende a base; ou arbóreo, se as pólas aparecen a certa distancia do chan.

[editar] Flores

Nesta clase están representados case todos os tipos de flores.

[editar] Filoxenia

As análises cladísticas feitas sobre a morfoloxía e as secuencias de ADN cloroplastídico, mitocondrial e nuclear, non sosteñen a división das anxiospermas en monocotiledóneas e dicotiledóneas (Olmstead et al. 1992a, Chase et al. 1993,[3] Doyle 1996,[4] 1998,[5] Doyle et al. 1994,[6] Donoghue y Doyle 1989,[7] Graham y Olmstead 2000,[8] Mathews y Donoghue 1999,[9] Savolainen et al. 2000,[10] Soltis et al. 2000,[11] Zimmer et al. 2000,[12] Hilu et al. 2003, Zanis et al. 2003). En todas as análises as dicotiledóneas forman un grupo parafilético, e os caracteres morfolóxicos xa mencionados son plesiomórficos dentro das anxiospermas (salvo o pole tricolpado e os seus derivados).

As dicotiledóneas están compostas polos grupos monofiléticos:

Pódese atopar unha discusión sobre a filoxenia do grupo en Sistemática de anxiospermas.

A maioría das dicotiledóneas pertencen ó clado Eudicotyledoneae (tamén chamadas "dicotiledóneas tricolpadas"), que teñen como sinapomorfías ó polen tricolpado (e as modificacións que teña sufrido posteriormente), e as secuencias de ADN rbcL, atpB, matK, y ADNr 18S.

[editar] Taxonomía

Unha clasificación actualizada ó ano 2003 pódese atopar no sistema de clasificación APG II,[13] onde abandónase o taxón dicotiledóneas e empréganse en troques os grupos monofiléticos arriba mencionados.

A clasificación das dicotiledóneas según Cronquist[1][2] en subclases, ordes e familias pódese ver ó desplegar a caixa seguinte.

[editar] Notas

  1. 1,0 1,1 Cronquist, A. 1981. An integrated system of classification of flowering plants. Columbia University Press, New York.
  2. 2,0 2,1 Cronquist, A. 1988. The evolution and classification of flowering plants. 2nd ed. New York Botanical Garden, Bronx.
  3. Chase MW, 3 41 autores máis. 1993. Phylogenetics of seed plants: An analysis of nucleotide sequences from the plastid gene rbcL. Ann. Missouri Bot. Gard. 80: 528-580.
  4. Doyle JA. 1996. Seed plant phylogeny and the relationships of the Gnetales. Int. J. Plant. Sci. 157(6) Suppl.: 3-39.
  5. Doyle JA. 1998. Phylogeny of vascular plants. Annual Rev. Ecol. Syst. 29: 567-599.
  6. Doyle JA, MJ Donoghue y EA Zimmer. 1994. Integration of morphological and ribosomal RNA data on the origin of angiosperms. Ann Missouri Bot. Gard. 81: 419-450.
  7. Donoghue MJ y JA Doyle. 1989. Phylogenetic analysis of angiosperms and the relationships of Hamamelidae. En: Evolution, systematics, and fossil history of the Hamamelidae, vol. 1, Introduction and "lower" Hamamelidae. Syst. Assoc. Special Vol. 40A, PR Crane y S Blackmore (editores), 17-45. Clarendron Press, Oxford.
  8. Graham SW y RG Olmstead. 2000. Utility of 17 chloroplast genes for inferring the phylogeny of the basal angiosperms. Amer. J. Bot. 87: 1712-1730.
  9. Mathews S y MJ Donoghue. 1999. The root of angiosperm phylogeny inferred from duplicate phytochrome genes. Science 286: 947-950.
  10. Savolainen V, MW Chase, SB Hoot, CM Morton, DE Soltis, C Bayer, MF Fay, AY de Brujin, S Sullivan, y Y-L Qiu. 2000. Phylogenetics of flowering plants based upon a combined analysis of plastid atpB and rbcL gene sequences. Syst. Biol. 49: 306-362.
  11. Soltis DE; PS Soltis, MW Chase, ME Mort, DC Alback, M Zanis, V Savolainen, WH Hahn, SB Hoot, MF Fay, M Axtell, SM Swensen, LM Primce, WJ Kress, KC Nixon, y JS Farris. 2000. Angiosperm phylogeny inferred from 18S rDNA, rbcL, and atpB sequences. Bot. J. Linn. Soc. 133: 381-461.
  12. Zimmer, E. A., RK Hamby, ML Arnold, DA LeBlanc, y EC Theriot. 1989. Ribosomal RNA phylogenies and flowering plant evolution. En: The hierarchy of life, B. Fernholm, K. Bremer, y H. Jornvall (editores). 205-214. Elsevier, Amsterdam.
  13. The Angiosperm Phylogeny Group. 2003. "An update of the Angiosperm Phylogeny Group classification for the orders and families of flowering plants: APG II". Botanical Journal of the Linnean Society, 141, 399-436. (pdf aquí )

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Judd, W. S. Campbell, C. S. Kellogg, E. A. Stevens, P.F. Donoghue, M. J. 2002. Plant systematics: a phylogenetic approach, Second Edition. Sinauer Axxoc, Estados Unidos.

Leturas recomendadas

  • Pamela S. Soltis, Peter K. Endress, Mark W. Chase, Douglas E. Soltis. 2005. Phylogeny & Evolution of Angiosperms. Sinauer Associates, Estados Unidos. 370 pp.
Ferramentas persoais