Salgueiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Salgueiro (homónimos).
Salgueiro
River Great Ouse at Little Paxton.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Malpighiales
Familia: Salicaceae
Xénero: Salix
Nome científico
Salix sp.
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O salgueiro (Salix) é un xénero de plantas con flor da família das salicáceas.

Índice

[editar] Orixe e distribución

É un xénero orixinario do hemisferio norte que vive en zonas de clima frío ou temperado, con solos máis ben húmidos ou achegados a charcas ou correntes de auga. Algunhas das variedades arbustivas medran na zona subàrtica (tundra). Hai unhas 350 especies de salgueiros. O xénero apresenta moitos problemas taxonómicos e de nomenclatura, xa que existe unha grande variedade morfolóxica segundo especies.

[editar] Etimoloxía

Tanto o termo galego salgueiro como o xenérico latino Salix virían do celta: sal (achegado) e lis (auga), que dá idea do seu hábitat máis común.

[editar] Descrición

Son árbores, arbustos ou mesmo matogueiras. As pólas son, polo xeral, flexíbeis. Todos son plantas caducifolias. As follas son en xeral alongadas (similares ás follas da amendoeira, especialmente na especie Salix amygdaloides), normalmente dispostas de maneira alterna ao longo da póla.

Son plantas de sexualidade dioica, é dicer, que desenvolve os caracteres masculinos e femininos en plantas separadas. As flores dispoñense agrupadas en amentos (gatiños) e o froito é unha càpsula con varias sementes (4-8), do tamaño dunha décima de milímetro cada unha, facilmente dispersábeis polo vento.

Os salgueiros hibridan de xeito doado entre eles. A especie máis utilizada en xardinaría é a Salix babylonica, ou salgueiro chorón.

Son plantas que arraigan moi ben dunha estaca ou escallo (reprodución vexetativa), gozando de medra rápida. Por contra, as sementes perden viabilidade en cousa de días.

En Galicia a especie máis común é o salgueiro bravo ou cincento.

[editar] Usos

A madeira en xeral non é de moi boa de calidade, pois creba con facilidade. Porén, a casca é medicinal, así como as flores e follas dalgunhas especies (lémbrese que dos Salix, extráese o ácido salicílico, a popular aspirina).

O vimieiro ou vimbieiro, Salix viminalis, é cultivado dende antigo para aproveitar os vimes en cestaría e noutros usos agrícolas. Para obter os vimes ou vimbios, córtanse as árbores a rente do chan, dándolles un tratamento especial aos plantóns novos que xurden. Hoxe en día estanse a utilizar, en substitiución, outras especies vexetais distintas dos salgueiros.

O salgueiro é coñecido polas súas propiedades terapéuticas e medicinais. Algunhas especies coma o S. pentandra ou o S. praecox , posúen na casca salicina, unha substancia complexa que unha vez dixerida se transforma no intestino en distintas substancias, entre elas o ácido acetilsalicílico. Este subproduto, descuberto por F. Hoffman en 1897, é a base do fármaco máis famoso e vendido no mundo, a Aspirina, comercializada por Bayer desde 1899. Aínda que nos seus comezos foi receitada para procesos febrís e dores de cabeza, co paso do tempo descubríronse novas propiedades. Entre estas últimas salienta a propiedade de impedir a formación de trombos, facéndoa unha ferramenta de primeira orde para previr infartos e isquemias, unha das principais causas de morte nos países civilizados. Todas estas virtudes, e por suposto un bo marketing, fai que a aspirina apareza na lista dos 100 inventos máis importantes do século XX.

[editar] Especies de Salgueiros

Inflorescencia de salgueiro

[editar] Galería de imaxes

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas