Consello Superior de Investigacións Científicas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "CSIC")

O Consejo Superior de Investigaciones Científicas ou Consello Superior de Investigacións Científicas, tamén coñecido polo acrónimo CSIC, é un organismo público autónomo estruturador da Ciencia e Tecnoloxía españolas. Pertenece ó Ministerio de Educación e Ciencia. O seu logotipo é a Árbore da Sabiduría.

Instituto de Investigación en Intelixencia Artificial

Orixe[editar | editar a fonte]

Foi fundado no ano 1939. Naceu en substitución da Junta para la Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas que fora fundada no ano 1907 no seno da Institución Libre de Enseñanza (ILE). O que comezaba a ser unha das institucións científicas máis importantes en Europa, que contaba con colaboracións de científicos mundiais do máis alto nivel como Charles Darwin, Henri Bergson e León Tolstoi foi reestruturado polo goberno franquista co nome de CSIC. A antiga Junta para la Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas (a partir do 1937 CSIC) converteuse nun centro cun baixo peso na investigación europea e formado por científicos dun nivel medio mediocre, pois a meirande parte deles tiveron que marchar ao exilio, principalmente a México. Dá idea do tipo de cambios introducidos polo franquismo o feito de que os homes fortes desta nova institución foran, por unha banda o seu presidente, o ministro de Educación José Ibañez Martín e por outra o primeiro fiel do Opus Dei, o avogado José María Albareda.

Funcionamento[editar | editar a fonte]

Ríxese pola Lei de Fomento e Coordinación Xeral da Investigación Científica e Técnica (Lei 13/1986 de 14 de abril). Os obxectivos e funcións actuais do CSIC, en orde coa citada Lei e co seu regulamento (R.D. 140/1993 de 29 de xaneiro), so:

  • Realizar proxectos de investigación científica e tecnolóxica.
  • Asesorar ás administracións en materia científica.
  • Fomentar a ciencia
  • Colaborar coas Comunidades Autónomas nas súas propias actividades de investigación.
  • Colaborar coas universidades nas súas propias actividades de investigación.
  • Formación de investigadores e técnicos científicos.
  • Colaborar co Plan Nacional de I+D.

Delegación en Galicia[editar | editar a fonte]

Da Delegación en Galicia do CSIC dependen o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, o Instituto de Investigacións Mariñas, o Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia e a Misión Biolóxica de Galicia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]