Cafeína

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Molécula de cafeína
Fórmula molecular
C8H10N4O2
Nome (IUPAC)
1,3,7-trimetil- 1H-purina- 2,6(3H,7H)-diona

1,3,7-trimetilxantina

A cafeína é un composto alcaloide (do grupo das xantinas) que actúa como estimulante nos humanos. A cafeína é o mesmo composto químico que a guaranina (chamada así polo guaraná), a mateína (polo mate) e a teofilina (polo ). Orixinalmente se pensaba que estas substancias tiñan diferenzas químicas, pero despois descubriuse que son idénticas.

Características[editar | editar a fonte]

A cafeína encóntrase principalmente nos froitos da planta do café, na planta de té, na herba mate e nas bagas de guaraná. En pequenas cantidades pódese atopar no cacao e na noz de cola. En xeral, a cafeína encóntrase nas sementes, follas, e froitos de máis de 60 plantas, nas que actúa como un pesticida natural que mata certas clases de insectos cando se alimentan desta.

É un estimulante do sistema nervioso central, polo que pode combater a somnolencia e restaurar o nivel de alerta. As bebidas que conteñen cafeína, como o café, té, refrescos de cola e bebidas enerxéticas, teñen unha gran popularidade: a cafeína é a substancia psicoactiva máis amplamente consumida no mundo. En Norteamérica, o 90% dos adultos consome cafeína tódolos días.

Efectos[editar | editar a fonte]

A cafeína inhibe a fosfodiesterase, que é responsable da desactivación da AMPc (AMP cíclico). O crecemento da taxa de AMPc intracelular amplifica as accións do «segundo mensaxeiro», o que o fai responsable das principais consecuencias farmacolóxicas da cafeína. A cafeína produce vasoconstrición e causa efectos a nivel dos sistemas cardiovascular,aparato respiratorio e gastrointestinal. Adicionalmente, actúa a nivel dos músculos esqueléticos, do fluxo sanguíneo renal, a glicoxenólise da lipólise.

O consumo en cantidades moi grandes pode provocar unha intoxicación. Os seus síntomas son insomnio, nerviosismo, excitación, cara vermella, aumento da diurese e problemas gastrointestinais.

Nalgunhas persoas os síntomas aparecen consumindo cantidades moi pequenas, como 250 mg por día. Máis alá dun gramo ao día pode producir contraccións musculares involuntarias, desvaríos, arritmia cardíaca e axitación psicomotriz. Os síntomas da intoxicación con cafeína son similares aos do pánico e da ansiedade xeneralizada. A LD50 (dose letal 50) estimada da cafeína é de 10 g, que equivalen a unha media de 51 cuncas de café.