Pobo apache
| Apache (Ndee) | |
|---|---|
| Membros dunha tribo apache. | |
| Poboación total: | |
| 56,060 (autoidentificados)[1] | |
| Poboacións importantes en: | |
| Arizona, Novo México e Oklahoma (EUA) | |
| Lingua: | |
| Lingua apache | |
| Relixión | |
| Xamanismo, Cristianismo | |
| Grupos étnicos relacionados: | |
| Navaho e Kiowas | |
O pobo apache é unha etnia amerindia, nativa da zona actual de Arizona (Estados Unidos e Sonora (México). A palabra apache procede do zuni apachu ("inimigo"), mais eles chámanse a si mesmos Ndee ("a xente"). Para comunicarse entre eles empregaban unha serie de linguas atapascanas meridionais, que se clasificaron como o apache das chairas, o apache oriental e o apache occidental.
A súa sociedade baseábase na pesca, na caza e na agricultura, convivindo en pequenos grupos familiares, de carácter matriarcal, ao igual que os sioux e os cheyennes.
Cando chegaron os españois, os apaches habitaban o suroeste dos EUA, debido a unha migración anterior de cincocentos anos orixinaria do Canadá. Era unha tribo poderosa e guerreira, en loita continua cos brancos. A rendición da tribo tivo lugar en 1886, cando os chiricahuas foron enviados a Florida e Alabama, onde estiveron baixo confinamento militar.
No ano 1900 vivían uns 17.000 apaches en liberdade. O seu xefe máis coñecido foi Gerónimo (16 de xuño de 1829 – 17 de febreiro de 1909), Gokhlayeh na súa lingua, que significa "O Que Bocexa". Xerónimo fora elixido por Taza, fillo doutro xefe indíxena apache, Cochise, que morrera con 62 anos.
Actualmente o pobo apache vive en reservas de Arizona, Novo México e Oklahoma, nun número aproximado de 6.000 individuos. Un pequeno número de apaches, dúas decenas, subsisten na fronteira norte dos estados mexicanos de Chihuahua, Sonora e Coahuila. Este pequeno grupos de apaches son os coñecidos como os mescaleros.
Notas[editar]
- ↑ Census.gov Census 2000 PHC-T-18. American Indian and Alaska Native Tribes in the United States: 2000. US Census Bureau 2000 (retrieved December 28, 2009)