Cosmódromo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un foguete Soyuz nunha plataforma de despegue do Cosmódromo de Baikonur.

Un cosmódromo ou base espacial é un conxunto de instalacións preparadas para o lanzamento, chegada ou asistencia técnica de foguetes ou de naves espaciais. Nos países da antiga URSS estas instalacións eran coñecidas como cosmódromos (do lingua grego κόσμος, kósmos, 'mundo', e δρόμοσ, drómos, 'pista de carreiras'). Nos países occidentais úsase máis o nome base espacial ou denominacións equivalentes.

Índice

[editar] Características

As bases espaciais están emprazadas en zonas o suficientemente grandes como para que a explosión dun foguete non poña en perigo as vidas humanas e a integridade doutros foguetes próximos. Por esta razón se seguridade para as persoas, os foguetes lánzanse en dirección a zonas desérticas ou marítimas. Son preferíbeis lugares de lanzamento próximos ao ecuador.

Os foguetes dispáranse cara ao leste; así, aprovéitase ao máximo a velocidade da Terra, e ademais é unha boa posición pera chegar á órbita xeoestacionaria.

A primeira base espacial do mundo foi o Cosmódromo de Baikonur, aínda en funcionamento, e actualmente a máis ocupada, debido principalmente á actividade de asistencia á Estación Espacial Internacional.

É posíbel que nun futuro, co desenvolvemento dos vehículos espaciais supersónicos, as bases de lanzamento teñan longas pistas de en lugar das tradicionais bases de lanzamento verticais para foguetes.

[editar] Cosmódromos ou bases espaciais actualmente en funcionamento

América do Norte (Estados Unidos)
América do Sur
Asia
Europa
Oceanía

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas