Likud

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Likud (ליכוד:'consolidación') é un partido de centro dereita israelí.
A orixe do Likud está no sionismo revisionista de Vladimir Jabotinsky que deu orixe ao Herut.
O Likud formouse coa coalición de La'am e Gahal para as eleccións de 1973, que se consolidou como unha coalición permanente dirixido por Menachem Begin ata que en 1988 o Likud converteuse nun único partido. En 1998 o Likud sofreu unha escisión, Benny Begin e outros membros da dereita do partido crearon un novo partido, Movemento Nacional Herut.
Nas eleccións para a Knesset o Likud tivo 40 escanos (sobre 120), pero na actualidade só permanecen 25 no partido.
O 21 de novembro de 2005 o Likud sofreu unha escisión ao crear o ata entón líder do partido, Sharon, un novo partido denominado Kadima. O Likud pasou a estar liderado por Benjamin Netanyahu

Gobernos[editar | editar a fonte]

O Likud tivo catro primeiros ministros de Israel: Menachem Begin (1977), Yitzhak Shamir (1983), Benjamin Netanyuhu (1996) e Ariel Sharon (2001)