Windows XP
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Windows XP | |
|---|---|
|
Captura do xestor de ficheiros do Windows XP.
|
|
| Desenvolvedor | Microsoft |
| Familia de S.O. | Windows NT |
| Modelo de desenvolvemento | Software non libre |
| Núcleo | NT |
| Tipo de núcleo | Híbrido |
| Licenza | Microsoft CLUF EULA |
| Última versión estable | 5.1 bulid 2600 con Service Pack 2 (SP2) (6 de agosto de 2004) |
| Estado actual | á venda |
| Sitio web | www.microsoft.com/windowsxp |
Captura do navegador Internet Explorer.
O Windows XP é un sistema operativo de Microsoft lanzado o 25 de outubro de 2001. É o primeira versión do sistema operativo Windows que une as versións domesticas (95, 98, ME) coas profesionais (NT). Por ese motivo é considerado por moitos como a maior actualización de estes sistemas dende a saída de Windows 95. A sigla «XP» ven da palabra inglesa «experience» (experiencia).
En xuño do 2004, Microsoft en colaboración coa Xunta de Galicia sacou unha extensión que pemite ter este sistema operativo en galego.
Versións [editar]
- Windows XP Home - Versión para uso doméstico.
- Windows XP Professional - Versión destinada a usuarios profesionais.
- Windows XP 64-Bit Edition - Para estacións de traballo basadas en Intel Itanium.
- Windows XP Media Center Edition - Versión para sistemas multimedios.
- Windows XP Tablet PC Edition - Versión para ordenadores portátiles con sistema de reconecemento de escritura (Tablet PC).
- Windows XP Embedded - Versión para integrer en sistemas electrónicos coma caxeiros, puntos de venda...
- Windows XP Professional x64 Edition - Versión baseada en Windows Server 2003 para sistemas que teñen un procesador de 64 bits compatible coa familia x86 como o Athlon 64 de AMD ou Intel Pentium 4 con EM64T.
- Windows XP Starter Edition - Versión reducida e limitada de Windows XP para venda en Asia e América do Sur.
- Windows XP Home e Professional Edition N - Versións de Windows XP sen Windows Media Player.