Ramón Félix Blanco Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón Félix Blanco Gómez
Biografía
Nacemento20 de maio de 1945 Editar o valor em Wikidata
Santa Marta de Moreiras, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de decembro de 2001 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Ventín, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Ramón Félix Blanco Gómez, nado en Santa Marta de Moreiras (O Pereiro de Aguiar) o 20 de maio de 1945 e finado en Ventín (Ames) o 25 de decembro de 2001,[1] foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrado en Suíza, foi redactor da revista El Obrero, editada pola Federación da construción da Unión Sindical suíza. De volta a Galicia, foi elixido secretario de organización da Unión General de Trabajadores (1979), secretario de organización do PSdeG-PSOE e deputado do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE nas tres primeiras lexislaturas (1981-1993). Formou parte do primeiro goberno da Xunta en xuño de 1979, presidido por Xosé Quiroga Suárez, por un breve período pois dimitiu o 6 de decembro dese ano. Foi soterrado en Xinzo de Limia.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Vita Portela Ribero e foi pai de Roberto, Ana e Aida Blanco Portela.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 26-12-2001, p. 47.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]