Christiaan Barnard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Christiaan Neethling Barnard, nado en 1922 e finado en 2001, foi un médico surafricano. Efectuou o primeiro transplante de corazón o 3 de decembro de 1967.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Beaufort West e estudou medicina na Universidade de Cidade do Cabo, e tras realizar a residencia no Hospital Groote Schuur de Cidade do Cabo in Cape, converteuse no médico dunha pequena poboación rural, Ceres, da provincia do Cabo Oriental, alí casou en 1948 cunha enfermeira. En 1951 volveu a Cidade do Cabo e traballou en dous hospitais. En 1956 especializouse en cirurxía cardiovascular na Universidade de Minnesota.

Xa de volta en Sudáfrica, no Hospital Groote Schuur, realizou numerosos experimentos de transplantes de corazón en animais. O 3 de decembro de 1967 realizou o primeiro transplante de corazón en humanos, a operación fíxoa un equipo de trinta persoas e durou nove horas. O operado, Louis Washkanski, sobreviviu 18 días antes de morrer dunha neumonía inducida polas medicinas inmunodepresoras que tiña que tomar. Barnard continuou realizando operacións de transplante de corazón, e xa a segunda operación, realizada a Philip Blaiberg o 2 de xaneiro de 1968, foi un éxito, ao sobrevivir á operación máis de 19 meses, e estimulou o realización de transplantes noutros países.