Arturo Uslar Pietri
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arturo Uslar Pietri, nado en Caracas o 16 de maio de 1906 e finado na mesma cidade o 26 de febreiro de 2001, foi un político e escritor venezolano.
Índice |
Traxectoria [editar]
Foi Delegado na Sociedade de Nacións (1930-1933), ministro de Educación (1939-1941), secretario da presidencia do goberno (1941-1943) e de Interior (1945). Membro dun grupo literario de corte impresionista e renovador. En 1990 recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Letras.
Obras [editar]
- Las lanzas coloradas, 1931.
- Oficio de difuntos, 1976.
- La isla de Robinson, 1981.
- La visita en el tiempo, 1990.