Adhemar Ferreira da Silva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adhemar Ferreira da Silva.
Cadro de medallas
Atletismo
Xogos Olímpicos
Ouro Helsinki 1952 Triplo salto
Ouro Melbourne 1956 Triplo salto

Adhemar Ferreira da Silva, nada en San Paulo o 29 de setembro de 1927 e finado na mesma cidade o 12 de xaneiro de 2001, foi un atleta brasileiro especializado en triplo salto. Gañou dúas medallas de ouro, unha nos Xogos Olímpicos de Helsinki 1952 e outra nos Xogos Olímpicos de Melbourne 1956, e conseguiu catro plusmarcas mundiais, a última en 1955 con 16,56 metros.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia pobre, e comezou a practicar o triplo salto en 1947. Baixo as ordes do adestrador alemán Dietrich Gerner pronto demostrou o seu talento, conseguindo a marca nacional e unha praza no equipo brasileiro de atletismo para os Xogos Olímpicos de 1948 celebrados en Londres, onde conseguiría a décimo cuarta praza. Catro anos máis tarde, nos Xogos Olímpicos de Helsinki de 1952 logrou a súa primeira medalla de ouro grazas aos 16,22 metros saltados, revalidou a medalla de ouro nos xogos de Melbourne de 1956 cun salto de 16,35 metros.

En 1959 actuou na película Orfeu Negro, do director francés Marcel Camus, a cal logrou o Oscar á mellor película de fala non inglesa ese mesmo ano.

Plusmarcas do mundo[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]