Robert Ludlum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Robert Ludlum, nado en Nova York en 1927 e finado en Maples, Florida, en 2001, foi un escritor nortemericano. É autor de 29 novelas de suspense que venderon máis de 210 millóns de exemplares en 32 linguas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Medrou en Nova Jersey e durante a Segunda Guerra Mundial ingresa nos Marines. Logo do remate da guerra estuda na Universidade de Wesleyan e logo de licenciarse comeza unha carreira de actor de teatro. En 1971 publica a súa primeira novela, The Scarlatti Inheritance, que se converte nun éxito de vendas.

As súas novelas máis coñecidas forman a triloxía de Bourne, e a pesar do éxito comercial das súas novelas, nunca tivo o favor da crítica. Xunto con Gayle Lynds creou a serie Covert-One, que inclúen The Hades Factor, The Paris Option e The Altman Code, protagonizadas por Jon Smith, médico e oficial da armada norteamericana que acepta traballar para unha axencia ultrasecreta chamada Covert-One.

Algunhas das súas novelas leváronse ao cine como The Osterman Weekend, The Holcroft Covenant, Apocalypse Watch, The Bourne Identity e The Bourne Supremacy, as máis famosas foron as da serie Bourne protagonizadas por Matt Damon

Obras[editar | editar a fonte]