VG-3.1

From Wikipedia
VG-3.1
Vía de Alta Capacidade
A-52 (Saída 217)-Noalla
Mapa
Vía para automóbiles VG-3.1
Identificador
TipoloxíaVía para automóbiles
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude4,49 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio A-52  Gargantós
Fin OU-525  Noalla
Circulación
TránsitoRodado, non peonil
Velocidade máxima
Restricións viarias

A VG-3.1 ou Vía de Alta Capacidade A-52 (Saída 217)-Noalla[1][2] (na provincia de Ourense), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades de Gargantós (San Cibrao das Viñas) e Noalla (San Cibrao das Viñas); atravesa os concellos de San Cibrao das Viñas e Taboadela. Ten unha lonxitude de 4,49 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa A-52 en Gargantós (San Cibrao das Viñas) e finaliza nun cruzamento coa OU-525 en Noalla (San Cibrao das Viñas).

Percorrido[edit | edit source]

Inicia na rotonda da autovía das Rías Baixas, A-52, cos accesos á autovía AG-31 a Celanova e outros cos camiños veciñais, unha dirección sur cara ao lugar da Telleira (parroquia de Soutomaior do concello de Taboadela) e outra dirección norte ao lugar de Infesta (parroquia de Gargantós do concello de San Cibrao das Viñas) e termina na rotonda coa estrada OU-525 na parroquia de Noalla (mesmo concello) con direccións á Ponte Noalla e a estación ferroviaria de Taboadela. Case á final do percorrido atópase o viaduto de San Bieito duns 451 metros.

Historia[edit | edit source]

As primeiras obras iniciaron en xuño de 2018[3] e inauguraron en setembro de 2020[4][5][6] como ramal á estrada autónomica galega OU-525 co acceso ao polígono industrial de San Cibrao das Viñas desde a autovía A-52. Facilita a conexión coa autovía AG-31 a Celanova e permitindo desconxestionar o tráfico desde a Saída 224 da autovía A-52.

Treitos[edit | edit source]

Denominación Treito Kms Ano servizo
 VG-3.1   A-52  Gargantós -  OU-525  Noalla 4,5 2020[4][5][6]

Notas[edit | edit source]

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023. 
  3. "El enlace de San Cibrao a la A-52 estará listo a mediados del 2020". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28 de xuño de 2018. 
  4. 4,0 4,1 "Feijóo refírese ao novo acceso ao polígono de San Cibrao das Viñas como unha infraestrutura estratéxica para o gran pulmón empresarial de Ourense". Consultado o 11 de setembro de 2020. 
  5. 5,0 5,1 "El pulmón industrial se acerca a la A-52". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2020. 
  6. 6,0 6,1 "Una inversión de 22 millones acerca el polígono de San Cibrao a la A-52". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2020.