Sergei Belov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sergei Belov
Nacemento23 de xaneiro de 1944
Lugar de nacementosen etiquetar
Falecemento3 de outubro de 2013
Lugar de falecementoPerm
SoterradoVagankovo Cemetery
NacionalidadeUnión Soviética e Rusia
Ocupaciónbaloncestista e adestrador de baloncesto
CónxuxeSvetlana Antipova
PremiosOrdem de Honra, Orde da Insignia de Honra, FIBA Hall of Fame, Medal "For Distinguished Labour", Merited Coach of the USSR, traballador emérito de cultura física da Federación de Rusia e Mestre Honorário de Desportos da União Soviética
Na rede
IMDB: nm0069471 Olympic.org: sergey-belov Find a Grave: 245690446 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sergei Aleksandrovich Belov (en ruso: Серге́й Алекса́ндрович Бело́в), nado en Nashchyokovo (Distrito de Shegarsky, óblast de Tomsk) o 23 de xaneiro de 1944 e finado en Perm o 3 de outubro de 2013 foi un xogador de baloncesto profesional, coñecido por xogar no CSKA Moscova e na selección nacional de baloncesto da Unión Soviética.[1] Está considerado un dos mellores xogadores europeos de todos os tempos, e foi un dos escollidos para acender o facho olímpico durante a cerimonia inaugural dos Xogos Olímpicos de 1980 en Moscova.

En 1991, Belov foi nomeado o mellor xogador de todos os tempos pola FIBA.[2] Foi o primeiro xogador internacional incluído no Naismith Memorial Basketball Hall of Fame o 11 de maio de 1992. Tamén foi incluído no FIBA Hall of Fame en 2007[3] e foi nomeado un dos 50 maiores contribuidores da Euroliga en 2008.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sergei Belov naceu en Nashchyokovo.[4] En 1968, recibiu o mestrado de honra en deportes da URSS. En 1995 converteuse en adestrador de honra e serviu como presidente da Federación de Baloncesto de Rusia (1993–98).[4]

Club playing career[editar | editar a fonte]

Belov encendendo o facho olímpico durante a cerimonia de apertura dos 22.º Xogos Olímpicos en Moscova, 1980

Aos vinte anos, Belov debutou na Liga da URSS co Uralmash Sverdlovsk, onde xogou entre 1964 e 1967. Xogou entón co CSKA Moscova durante doce anos. Co CSKA, gañou o campionato de liga da URSS once veces (1969, 1970, 1971, 1972, 1973, 1974, 1976, 1977, 1978, 1979, 1980), a copa da URSS dúas (1972, 1973) e a EuroLeague dúas, en 1969 e 1971.

Carreira na selección nacional[editar | editar a fonte]

Como membro da selección nacional de baloncesto da Unión Soviética durante case catorce anos (1967–1980), Belov axudou a gañar a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1972 e as de bronce en 1968, 1976 e 1980. Tamén colaborou nos campionatos da copa do mundo da FIBA en 1967 e 1974, e o EuroBasket en 1967, 1969, 1971 e 1979. Tamén gañou a Universíada de Verán en 1970.

Na final dos Xogos Olímpicos de 1972, Belov marcou 20 puntos contra a selección nacional de baloncesto dos Estados Unidos de América, vencendo finalmente a Unión Soviética con polémica por 51–50, levando a medalla de ouro.

Adestrador[editar | editar a fonte]

Belov foi adestrador do CSKA Moscova, co que gañou o campionato de liga soviético en 1982 e 1990. Tamén foi adestrador do Ural Great Perm, co que gañou o campionato de Rusia en 2001 e 2002, a copa de Rusia en 2004 e a North European League en 2001.

Como adestrador da selección nacional de baloncesto de Rusia gañou medallas de prata nos campionatos do mundo da FIBA de 1994 e 1998 e a medalla de bronce do EuroBasket 1997.

Falecemento[editar | editar a fonte]

Sergei Aleksandrovich Belov faleceu o 3 de outubro de 2013 en Perm, Rusia.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Yardley, William (3 de outubro de 2013). "Sergei Belov, Star Guard Who Led Soviet Upset of U.S., Dies at 69". The New York Times. Consultado o 5 de outubro de 2013. 
  2. Sergei Belov FIBA Profile. Fibaeurope.com (9 de setembro de 1972). Consultado o 2 de novembro de 2011.
  3. FIBA Hall of Fame page on Belov Arquivado 10 de setembro de 2008 en Wayback Machine.. Halloffame.fiba.com. Consultado o 2 de novembro de 2011.
  4. 4,0 4,1 Great Russian Encyclopedia (2005), Moscova: Bolshaya Rossiyskaya Entsiklopediya Publisher, vol. 3, p. 227.
  5. "Умер олимпийский чемпион по баскетболу Сергей Белов". Lenta.ru. 3 de outubro de 2013. Consultado o 3 de outubro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]