Enclave de Treviño
Aparencia
Coord.: 42°42′N 2°42′O / 42.7, -2.7
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
| Exclave de | Castela e León | ||||
| Enclave en | Áraba | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 279,58 km² | ||||
| Altitude | 552 m | ||||
O enclave de Treviño é un territorio burgalés rodeado por terras da provincia vasca de Áraba, no norte de España. Sitúase na Comarca do Ebro da provincia de Burgos en Castela e León. Forma parte do partido xudicial de Miranda de Ebro.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O enclave está formado por dous municipios, Condado de Treviño, con 260,71 km² e cunha poboación de 1.432 habitantes (INE 2009), e La Puebla de Arganzón, con 18,87 km² e 529 habitantes. En total o enclave abarca 279,58 km² e ten unha poboación de 1.961 habitantes.
