Valladolid Rugby Asociación Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Valladolid RAC»)
VRAC Quesos Entrepinares
NomeValladolid Rugby Asociación Club
Alcume(s)Queseros
Fundación1986
SedeValladolid, España
Estadio(s)Campos de Pepe Rojo
Capacidade2.500 asentos espectadores
PresidenteJosé María Valentín-Gamazo
AdestradorDiego Merino
CapitánPablo César Gutiérrez
Liga(s)División de Honra
2019-20Campión
Casa
Fóra
Na rede
http://www.valladolidrac.com/
Twitter: vracquesos Editar o valor em Wikidata

O Valladolid Rugby Asociación Club ou VRAC (denominado VRAC Quesos Entrepinares por razóns de patrocinio) é un club deportivo adicado ó rugby que foi fundado no ano 1986 na cidade de Valladolid, e que leva competindo na División de Honra dende a tempada 1991/92.

O equipo xoga os seus encontros como local no estadio Pepe Rojo da capital castelán leonesa, que ten capacidade para acoller a 2.500 persoas. Comparte estas instalacións co seu principal rival deportivo, o Club de Rugby El Salvador.

Por mor do seu tradicional patrocinador, unha empresa local adicada á fabricación de queixos, o equipo e mais os seareiros deste club son chamados "queseros".

Historia[editar | editar a fonte]

O club VRAC naceu na tempada 1986-87 cando algúns dos membros do CD Lourdes coñeceron a noticia de que a escola Lourdes da cidade de Valladolid ía deixar de apoiar o deporte do rugby. Entón crearon un novo equipo, que competiu por vez primeira na tempada 1987-88 ocupando a praza do CD Lourdes na 1ª Nacional.

Coa axuda económica dalgunha empresa local como Granja Conchita e Quesos Canal, o equipo mantivo a categoría e mesmo acadou o ascenso 4 anos despois para competir na División de Honra. Dende a súa primeira participación na máxima categoría do rugby español, o VRAC non descendeu nunca, de xeito que leva máis de 25 anos seguidos na elite nacional.

Os éxitos deportivos do VRAC consisten en doce títulos nacionais de Liga nos anos 1999, 2001, 2012, 2013, 2014, 2015, 2017, 2018, 2019, 2020, cinco Copas do Rei nos anos 1998, 2010, 2014, 2015 e 2018, oito Supercopas nos anos 2010, 2012, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017 e 2019, e catro Copas Ibéricas nos anos 2014, 2017, 2018 e 2019.

Presidentes do V.R.A.C.
Presidentes do V.R.A.C.
  • España Cristina Guilarte (dende 1986)
  • España Enrique Moral (dende 1990)
  • España Álvaro Abril (dende 1997)
    Liga 98/99 Liga 00/01
  • España Miguel Pérez Alonso (dende 2004)
  • España José Luis Moral (dende 2008)
  • España José Antonio Garrote (dende 2012)
    Liga 11/12 Liga 12/13 Liga 13/14 Liga 14/15
  • España José María Valentín-Gamazo (dende 2016)
    Liga 16/17 Liga 17/18 Liga 18/19 Liga 19/20 Liga 20/21 Liga 22/23
[[|Leggi...]]
Adestradores do V.R.A.C.
Adestradores do V.R.A.C.
  • España Fernando de la Fuente (????-2002)
    Liga 98/99 Liga 00/01
  • España Miguel Velasco (2002-2008)
  • Francia Daniel Bernard (2008-2008)
  • España Fernando de la Fuente (2008-2009)
  • España Miguel Velasco (2009-2011)
  • España Fernando de la Fuente (2011-2012)
    Liga 11/12
  • Lisandro Arbizu (2012-2013)
    Liga 12/13
  • España Diego Merino (2013-)
    Liga 13/14 Liga 14/15 Liga 16/17 Liga 17/18 Liga 18/19 Liga 19/20 Liga 20/21 Liga 22/23
[[|Leggi...]]

Palmarés[editar | editar a fonte]

De seguido figura o palmarés oficial do primeiro equipo sénior masculino do club en competicións oficiais ó longo da súa historia:

Trofeos de liga e copa.
Posicións do VRAC en competicións de liga e copa dende o ano da súa fundación
Categoría 20 19 18 17 16 15 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88 87
Div.Honra 1 2 1 2 1 1 1 1 1 5 4 4 4 4 6 4 3 3 5 1 5 1 4 4 7 3 4 10 10
Div.Honra B
1ª Nacional
Copa ? 1 2 1 1 2 2 1 2 2 1 2

A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español.

Tempadas completadas na División de Honra

Tempada actual[editar | editar a fonte]

POSTO EQUIPO PUNTOS XOG GAÑ EMP PER
1º. SEMIFINAIS VRAC 68 17 14 1 2
1º. SEMIFINAIS El Salvador 66 17 14 0 3
3º. CUARTOS FINAL Alcobendas 56 17 12 0 5
4º. CUARTOS FINAL Ordizia 55 17 11 1 5
5º. CUARTOS FINAL Santboiana 43 17 9 1 7
6º. CUARTOS FINAL Barcelona 42 17 8 3 6
7º. PERMANENCIA Independiente 39 17 8 1 8
8º. PERMANENCIA Aparejadores 35 17 7 2 8
9º. PERMANENCIA Ciencias 26 17 5 0 12
10º. PERMANENCIA Cisneros 25 17 5 0 12
11º. PROMOCIÓN Santander 23 17 3 1 13
12º. DESCENSO Hernani 8 17 1 0 16

Xogadores[editar | editar a fonte]

A seguinte táboa amosa o cadro dos xogadores que forman parte do primeiro equipo do V.R.A.C. na tempada 2015-16.[1]

Valladolid Rugby Asociación Club
Xogadores do primeiro equipo Corpo técnico
Dianteiros
  • España Ignacio Castellote — Tal
  • Inglaterra Stephen Barnes — Tal
  • España Haru Nakayama — Tal
  • España Pablo Miejimolle — Tal
  • España Ángel de la Calle — 1ªL
  • España Sergio Valverde — 1ªL
  • España Pablo Gutiérrez "Peisi" — 1ªL
  • Alemaña España Danier Stohr — 1ªL / 2ªL
  • España Alberto Blanco — 1ªL / 2ªL
  • España Ignacio Molina — 2ªL
  • Lucas Lastra — 2ªL / 3ªL
  • España Manuel Mora — 2ªL / 3ªL
  • España Stefano Tucconi — 3ªL
  • Fidxi Kalokalo Gavidi — 3ªL
  • Troy Mangan — 3ªL
Tres cuartos
  • España Diego Gorosito — Med
  • España Pablo Gil — Med
  • España Manuel Sevillano — Med
  • Inglaterra Gareth Griffiths — Ape
  • Stephan Moir — Ape
  • España Álvaro Fernández — Ape
  • España Federico Castiglioni — Cen
  • España Álex Müller — Á / Cen
  • España Rodrigo López — Á
  • España Pedro de la Lastra — Á
  • España Guillermo Mateu — Á / Zag
  • Portugal Nuno Penha — Zag
Director técnico
  • España Miguel Velasco

Adestrador

  • España Diego Merino

2º adestrador

  • España Alberto Rodríguez

Lenda:
  • 1ªL - Primeira liña
    Tal - Talonador
    2ªL - Segunda liña
    3ªL - Terceira liña
    Med - Medio de melé
    Ape - Apertura
    Á - Á
    Cen - Centro
    Zag - Zagueiro

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]