Saltar ao contido

División de Honra de Rugby 2017-2018

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Liga Española de rugby 2017-2018»)
Modelo:Competición deportivaDivisión de Honra de Rugby 2017-2018
TipoDivisión de Honra de Rugby Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFederación Española de Rugby Editar o valor en Wikidata
Número de participantes12 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Períodotempada 2017-2018 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoValladolid Rugby Asociación Club Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Partidos137 Editar o valor en Wikidata

2016 Editar o valor en Wikidata
2018 Editar o valor en Wikidata

A tempada 2017-2018 da División de Honra da liga nacional de rugby foi a 51ª edición da principal competición entre clubs de rugby en España. O torneo foi denominado Liga Heineken por razóns de patrocinio. O campión foi o Valladolid Rugby Asociación Club.

Tralo remate da tempada os clubs crearon a asociación Liga Nacional de Rugby co propósito de organizar o campionato a partir de 2019.

Equipos participantes

[editar | editar a fonte]

A edición 2017-2018 da División de Honra contou con doce equipos participantes: catro vascos, dous cataláns, dous madrileños, dous casteláns, un valenciano e un cántabro. O Club de Rugby La Vila ocupou a praza que o ano anterior tiña o descendido Club de Rugby Ciencias sevillano.

De seguido unha táboa coa traxectoria nas 50 edicións anteriores da División de Honra de rugby dos doce equipos participantes:

Equipo Tempadas Títulos 2017 16 15 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88 87 86 85 84 83 82 81 80 79 78 77 76 75 74 73 72 71 70 - 54 53
SANTBOIANA487442823765831145483221157525512127132322764674343
CISNEROS34255337101081074710476824531646325312575
EL SALVADOR338125247312112211272519637612538322
GETXO331118978510585781098882322153494495348
V.R.A.C.2972111115444464335151447341010756
BARCELONA202107111067451434109683211
ALCOBENDAS1413610899872151277
ORDIZIA14-79765227767776
GERNIKA12-81169364812876
HERNANI12-910101011101021112
INDEPENDIENTE6-634486
LA VILA51124128

Liga regular

[editar | editar a fonte]

A liga regular foi dominada polos dous clubs de Valladolid, favoritos antes do comezo do campionato e vixentes campión e subcampión, que superaron as marcas históricas de puntuación do campionato. O VRAC sumou 102 puntos perdendo só un encontro dos 22 que disputou.[1]

POSTO EQUIPO PUNTOS XOG GAÑ EMP PER
1º. SEMIFINAIS Castela e León VRAC 102222101
2º. SEMIFINAIS Castela e León El Salvador 97221903
3º. CUARTOS FINAL Comunidade de Madrid Alcobendas 77221516
4º. CUARTOS FINAL Cantabria Independiente 75221309
5º. CUARTOS FINAL Ordizia 72221318
6º. CUARTOS FINAL Cataluña Santboiana 642211011
7º. PERMANENCIA Cataluña Barcelona 51229013
8º. PERMANENCIA Gernika 44229013
9º. PERMANENCIA Comunidade de Madrid Cisneros 42227015
10º. PERMANENCIA La Vila 39227015
11º. PROMOCIÓN Hernani 26224018
12º. DESCENSO Getxo 23223019

O Getxo Rugby Taldea ocupou a posición de pechacancelas durante a meirande parte da tempada, perdendo a máxima categoría. O seu posto será ocupado polo Aparejadores de Burgos que debutará na División de Honra.[2] O Hernani Club de Rugby Elkartea salvou a promoción batendo ó subcampión da División de Honra B, o Ciencias de Sevilla por un global de 57-48 nos dous encontros.[3]

Eliminatorias

[editar | editar a fonte]

Na fase de eliminatorias polo título de liga non houbo sorpresas. A final enfrontou no estadio José Zorrilla de Valladolid ós dous clubs locais, primeiro e segundo na fase de liga regular. O VRAC gañou por 18-12 ó Salvador e sumou a oitava liga ó seu palmarés, nunha tempada na que acadou tódolos títulos posibles (Liga, Copa do Rei, Supercopa e Copa Ibérica).[4]

Cuartos de final Semifinais Final
           Estadio José Zorrilla, Valladolid
 1º - VRAC  44
 4º - Independiente  44
 4º - Independiente  5  
 5º - Ordizia  38  
   1º - VRAC  18
 
   2º - El Salvador  12
 3º - Alcobendas  40
 3º - Alcobendas  12  
 6º - Santboiana  33  
 2º - El Salvador  18  

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]