Saltar ao contido

Colexiata de San Martín de Elines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Colexiata de San Martín de Elines
Valderredible Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Características
 Estilo
Implicados
 Diocese
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Patrimonio
Ben de Interese Cultural
Data3 de xuño de 1931
IdentificadorRI-51-0000857
Wikidata G:Commons C:Commons
Colexiata de San Martín de Elines.

A Colexiata de San Martín de Elines é un templo relixioso, situado a 1 km do centro do casarío de San Martín de Elines, no concello de Valderredible (Cantabria).

Construíuse sobre un mosteiro da época visigoda do cal quedan algúns restos no muro norte do claustro. A construción da colexiata está en torno ao 1060 no reinado de Fernando I, de estilo románico a igrexa ten 30 metros de lonxitude, excluído o claustro, é esvelta, con ábsida semicircular, con restos de pinturas románicas, con dúas arcadas superpostas e unha cúpula central con tellado a catro augas sostida por catro columnas anexas ao muro de cruceiro. Ten unha soa nave, rectangular e sen bóveda, á que está anexa unha torre cilíndrica que lle serve de campanario. A porta orixinal, que estaba no lateral sur, foi tapiada na Idade Media polo que hai que acceder desde o claustro, de planta irregular e con xardín central.

Os motivos das pinturas románicas eran Cristo partindo o pan e a representación dun apóstolo. Unha característica notable da colexiata é que ten arredor dun cento de canzorros de temática fundamentalmente relixiosa de notable factura aínda que en desigual estado de conservación.