The Shawshank Redemption

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

The Shawshank Redemption
Ficha técnica
Título orixinalThe Shawshank Redemption
DirectorFrank Darabont
ProdutorNiki Marvin
GuiónFrank Darabont
Baseado enRita Hayworth and Shawshank Redemption de Stephen King
IntérpretesTim Robbins
Morgan Freeman
Bob Gunton
William Sadler
Clancy Brown
Gil Bellows
James Whitmore
MúsicaThomas Newman
FotografíaRoger Deakins
MontaxeRichard Francis-Bruce
EstudioCastle Rock Entertainment
DistribuidoraColumbia Pictures (USA)
Rank Organisation (RU)
Warner Bros. Pictures (internacinoal)
Estrea(Toronto) 10 de setembro de 1994
Flag of the United States.svg 23 de setembro de 1994
Duración142 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$25 000 000[1]
Recadación$28 300 000 (Norte América)

The Shawshank Redemption é un filme estadounidense dirixido e escrito por Frank Darabont que foi estreado en 1994. É unha adaptación da novela de Stephen King Rita Hayworth and Shawshank Redemption, e conta a historia de Andy Dufresne, un banqueiro que pasa 19 anos no cárcere de Shawshank acusado do asasinato da súa muller e o seu amante, malia que el insiste na súa inocencia. Durante o seu tempo na cadea, faise amigo dun compañeiro preso, Ellis Boyd "Red" Redding, e comeza a ser protexido polos gardas despois de axudalos nunha operación de lavado de cartos. Está protagonizado por Tim Robbins e Morgan Freeman

Argumento[editar | editar a fonte]

Acusado do asasinato da súa muller, Andrew Dufresne (Tim Robbins) é condenado a cadea perpetua e enviado ó cárcere de Shawshank. Co paso dos anos conseguirá gañar a confianza do director do centro e o respecto dos seus compañeiros de prisión, especialmente de Red (Morgan Freeman), o xefe da mafia dos subornos.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

  • 1994: 7 nomeamentos ós Oscar, incluíndo mellor filme e actor (Morgan Freeman).
  • 1994: 2 nomeamentos ós Globo de Ouro: Mellor actor drama (Freeman) e guión.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]