Saltar ao contido

Esperanza (psicoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esperanza
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Representado por
 Oposto a
Identificadores
Freebase/m/0d846 Editar o valor en Wikidata
MeSHD065026 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2911018730 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX527300
Wikidata C:Commons
A Esperanza de Jacques du Broeucq.

A esperanza[1] é un estado de ánimo optimista baseado na expectativa de resultados favorables relacionados a eventos ou circunstancias da propia vida ou o mundo no seu conxunto.[2] Outras definicións de ter esperanza inclúen os seguintes termos: «esperar confiado» e «abrigar un desexo con anticipación».[3] Existen tamén enfoques na área educativa que incorporan o concepto de pedagoxía da esperanza, Paulo Freire refírese a esta como unha necesidade ontolóxica, o que nos move, o que nos marca unha dirección.[4]

Relixións antigas

[editar | editar a fonte]

A esperanza aparece na mitoloxía grega na historia da "Caixa de Pandora". Prometeo roubou o lume de Zeus para darllo ós homes, o que enfureceu ó deus supremo. En vinganza, Zeus creou un pythos (tipo de vaso) que contiña todos os males e deulla xunto a Pandora ó irmán de Prometeo. Esta, creada polos deuses cunha curiosidade innata, abriu a caixa prohibida e todos os males foron liberados polo mundo; só Elpis permaneceu no fondo, o espírito da Esperanza.[5]

A mitoloxía nórdica consideraba a Esperanza Fenrir: o seu concepto da coraxe valoraba máis unha valentía animada na ausencia de esperanza.[6][7]

Cristianismo

[editar | editar a fonte]

Esperanza é o nome dunha das tres virtudes teologais, xunto coa fe e a caridade. Na teoloxía cristiá estas virtudes forma unha unidade indisoluble coas virtudes cardinais ou naturais: prudencia, xustiza, temperanza e fortaleza e todas elas no seu conxunto describen a imaxe cristiá do home.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]