Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.
Brad Pitt Nacemento (en) William Bradley Pitt 18 de decembro de 1963 (61 anos)Shawnee, Estados Unidos de América Residencia Springfield Hollywood Hills Grupo étnico Británico-estadounidense , irlandoamericano , xermanos estadounidenses , sueco-estadounidense , Neerlando-americano (pt) , French Americans (en) e córnicos nos Estados Unidos Educación Universidade de Misuri Kickapoo High School Altura 180 cm Lateralidade manicho Cor dos ollos Azul Cor do pelo Cabelo loiro sucio Ocupación actor de televisión , modelo , produtor delegado , produtor de televisión , actor de dobraxe , produtor de cinema , director de cinema , actor de cinema , realizador Período de actividade 1987 - Profesores Roy London , Ivana Chubbuck e Howard Fine (en) Cónxuxe Angelina Jolie (2014–2019) , separación de feito Jennifer Aniston (2000–2005) , divorcio Parella Angelina Jolie (2005–2014) Jennifer Aniston (1998–2000) Gwyneth Paltrow (1994–1997) Juliette Lewis (1990–1993) Fillos Shiloh Jolie-Pitt ( ) Angelina Jolie Knox Jolie-Pitt ( ) Angelina Jolie Vivienne Jolie-Pitt ( ) Angelina Jolie Pais William Alvin Pitt e Jane Etta Hillhouse Irmáns Douglas Pitt Parentes Maddox Jolie-Pitt , fillo adoptivo Pax Jolie-Pitt , fillo adoptivo Zahara Jolie-Pitt , filla adoptiva
(9 de febreiro de 2020) Óscar ó mellor actor secundario , premiado polo traballo Once Upon A Time in Hollywood (2 de febreiro de 2020) BAFTA ao mellor actor secundario , premiado polo traballo Once Upon A Time in Hollywood (5 de xaneiro de 2020) Globo de Ouro ao mellor actor secundario , premiado polo traballo Once Upon A Time in Hollywood (2 de marzo de 2014) Óscar ó mellor filme , premiado polo traballo 12 anos de escravitude (16 de febreiro de 2014) BAFTA ao mellor filme , premiado polo traballo 12 anos de escravitude (2011) New York Film Critics Circle Award for Best Actor (en) , premiado polo traballo Moneyball , The Tree of Life (2011) National Society of Film Critics Award ao mellor actor , premiado polo traballo Moneyball , The Tree of Life (2011) Boston Society of Film Critics Award for Best Actor (en) , premiado polo traballo Moneyball (2010) Premio do Sindicato de Actores de Cinema ao mellor elenco , premiado polo traballo Inglourious Basterds (2010) Premio da Crítica Cinematográfica ao mellor elenco , premiado polo traballo Inglourious Basterds (2010) Premio do Sindicato de Actores (2010) Premio Rembrandt , premiado polo traballo O curioso caso de Benjamin Button (2009) San Diego Film Critics Society Award for Best Performance by an Ensemble (en) , premiado polo traballo Inglourious Basterds (2009) Phoenix Film Critics Society Award for Best Cast (en) , premiado polo traballo Inglourious Basterds (2008) Time 100 (2007) Copa Volpi á mellor interpretación masculina (2007) Time 100 (21 de xaneiro de 1996) Globo de Ouro ao mellor actor secundario , premiado polo traballo 12 Monkeys (1996) Premio Saturn ao mellor actor secundario , premiado polo traballo 12 Monkeys Descrito pola fonte Obálky knih ,
William Bradley "Brad " Pitt , nado en Shawnee (Oklahoma ) o 18 de decembro de 1963 , é un actor e produtor estadounidense . Pitt recibiu catro nomeamentos ós Premios Óscar e cinco ós Globos de Ouro , e é gañador dun Globo de Ouro. Foi descrito como un dos homes máis atractivos do mundo, un feito polo cal recibiu moita atención por parte dos medios de comunicación.[ 1]
Pitt gañou recoñecemento por vez primeira interpretando a un cowboy autostopista en Thelma e Louise (1991). Os seus primeiros papeis protagonistas en grandes producións foron A River Runs Through It (1992), Interview with the Vampire (1994) e Legends of the Fall (1994). En 1995, foi aclamado pola crítica pola súa interpretación no filme de suspense Seven e no de ciencia ficción 12 Monkeys , valéndolle este último un Globo de Ouro ó mellor actor secundario e un nomeamento ós Premios Óscar . Catro anos despois, Pitt protagonizou o filme de culto Fight Club . Posteriormente participaría no éxito internacional Ocean's Eleven (2001) e as súas secuelas, Ocean's Twelve (2004) e Ocean's Thirteen (2007). Os seus maiores éxitos comerciais foron Troia (2004), Mr. & Mrs. Smith (2005) e World War Z (2013). Pitt recibiu o seu segundo e terceiro nomeamento ós Óscar polas súas actuacións en O curioso caso de Benjamin Button (2008) e Moneyball (2011). Pitt ten a súa produtora de cine, Plan B Entertainment , responsable de filme como Infiltrados (2006) e 12 anos de escravitude (2013) que gañaron o Óscar ó mellor filme , e Moneyball , e lle valeu un nomeamento nesa mesma categoría.
Após unha longa relación coa actriz Gwyneth Paltrow , Pitt casou con Jennifer Aniston durante cinco anos. Pitt está coa actriz Angelina Jolie nunha relación que espertou moita expectación e provocou unha grande publicidade.[ 2] El e Jolie teñen 6 fillos: Maddox, Pax, Zahara, Shiloh, Knox e Vivienne. Dende que comezou a súa relación con Jolie, Pitt tense involucrado cada vez máis en cuestións sociais, tanto nos Estados Unidos como a nivel internacional.
Ano
Categoría
Filme
Resultado
1995
Óscar ao mellor actor secundario
12 Monkeys
Candidato
Ano
Categoría
Filme
Resultado
2006
Globo de Ouro ao mellor actor secundario
Babel
Candidato
1995
Globo de Ouro ao mellor actor secundario
12 Monkeys
Gañador
1994
Globo de Ouro ao mellor actor - Drama
Legends of the Fall
Candidato