Analoxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para o significado no ámbito biolóxico véxase Analoxía (bioloxía).

A analoxía é o proceso polo cal dous elementos teñen unha relación estrutural. A analoxía aparece en moitas disciplinas: bioloxía, lingüística, debuxo técnico, matemáticas.

Tipos[editar | editar a fonte]

Lingüística[editar | editar a fonte]

Dáse un caso de analoxía nas linguas nalgún dos seus niveis estruturais cando dous elementos (fonema, sílaba, palabra ou texto) teñen unha certa semellanza dentro da mesma secuencia. Por exemplo, cando alguén di *aericulares no canto de auriculares para referirse ós aparellos que serven para escoitar música e que se meten nas orellas, está deformando a palabra orixinaria por analoxía debido á súa semellanza a nivel fonético, etimolóxico e derivativo (os dous teñen os sufixos -cula + -arium, con significados diminutivo e colectivo respectivamente).

Do mesmo xeito, cando alguén di *sinceiro ou *zoa (referido a área) en galego está facendo unha ultracorrección por analoxía con tódalas verbas que rematan en -eiro ou tódalas caídas patrimoniais de n intervocálico. A este exemplo concreto de analoxía incorrecta chámaselle hiperenxebrismo, pero este proceso pode chegar a gramaticalizarse e entrar a formar parte da lingua.

A analoxía máis característica dáse no nivel fonético, pero pode aparecer tamén no semántico (usar *entrar o coche por meter o coche no garaxe). É un erro que se debe evitar na tradución (sobre todo na interpretación), pero tamén pode aparecer nos trastornos da linguaxe ou nos espoonerismos na fala habitual.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]