Peter Travers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Peter Travers
Peter Travers.jpg
Nacementoséculo XX
 Estados Unidos de América
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupacióncrítico de cinema e xornalista
editar datos en Wikidata ]

Peter Travers é un crítico de cinema estadounidense. Foi o crítico principal das revistas People e, posteriormente, Rolling Stone.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Travers é un dos críticos de cinema máis recoñecidos dos Estados Unidos. Antes de escribir para Rolling Stone, en 1989, Travers foi crítico de cinema para a revista People entre 1984 e 1988. As súas características principais son o seu básico estilo de escritura que realiza unha análise sofisticada, doada de ler e con moitas opinións. Travers tamén traballou como crítico dos Premios Óscar. Declarou que O padriño é o seu filme favorito. Algúns dos directores contemporáneos ós que admira son: Martin Scorsese, David Lynch, Quentin Tarantino, Alexander Payne, Tim Burton, Clint Eastwood, Peter Jackson, Pedro Almodóvar e Ang Lee.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Peter Travers". efilmcritic.com. 
  2. "New York Film Critics Circle: Peter Travers". New York Film Critics Circle. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2006. Consultado o 02 de xullo de 2018.