Satanás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representación de Satanás de Gustave Doré.

Satanás ou Satán é o termo polo que as relixións abrahámicas designan unha entidade suprasensible que representa a encarnación suprema do Mal.

O termo procede do latín satāna, e este á súa vez do arameo שטנא shatán 'adversario', 'inimigo', 'acusador'; árabe شيطان shaitan, co significado de 'descarreirado', 'distante', ou a veces 'diaño'.

Condición de existencia[editar | editar a fonte]

Despois de varias comparacións no que se refire ás traducións sobre a orixe das palabras Satanás e Diabo, actualmente é consensual entre relixiosos o seu significado: 'acusador' ou 'calumniador' para Diabo; e 'opositor' ou 'adversario' para Satanás. Inda hai diverxencias sobre a súa literal existencia; algúns sinxelamente ignórana, outros fan demonstracións lóxicas da súa existencia dentro dos parámetros bíblicos, partindo do feito de que a Biblia o menciona coma un ser espiritual, un "anxo de luz" que se tornou un rebelde ao oporse ao Creador. O Apocalipse 12:07 presenta Satanás coma un líder dunha rebelión; no versículo seguinte, denótase a necesidade de que haxa represalias para que tal rebelde sexa expulsado do seu lugar de orixe; no versículo 9, é evidenciado que o rebelde xunto cos seus compañeiros son vencidos e lanzados para o noso planeta. No Apocalipse 12:12, é mostrada a alegría do ceo (plano espiritual onde vivía Satanás), e a tristura para seres humanos influenciados por el na Terra (onde actúa intensamente Satanás).

Satanismo espiritual[editar | editar a fonte]

No satanismo espiritual Satán non é visto coma un ser maligno e mentiroso de ollos vermellos flamexantes ou con cornos. El é o deus sumerio, coñecido como Enki, cuxo significado é 'Señor da Terra'.

Interpretacións[editar | editar a fonte]

A maioría dos cristiáns consideran que todas as ocorrencias de Satanás na Biblia son literais.

Moitos xudeus e algúns cristiáns consideran que Satanás é unha alegoría. Os estudosos identifican a Satanás en Zacarías, cos acontecementos políticos no tempo de Nehemías. Os autenticistas[1] e christadelphians[2][3] entenden que o propio Cristo tería contado as súas tentacións, en forma de parábola.

Ao longo das obras Glosario TeosóficoA Doutrina Secreta de Helena Blavatsky ofrécense diversas interpretacións sobre a figura de Satanás.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Autenticismo na Web - Estudo analítico sobre Anjos e Demônios
  2. Whittaker Studies in the Gospelshttp://christadelphianbooks.org/haw/sitg/index.html
  3. Watkins The devil the great deceiver