Johnny Depp

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Johnny Depp
Nome completoJohn Christopher Depp II
Nacemento9 de xuño de 1963
LugarOwensboro, Kentucky e Estados Unidos de América
NacionalidadeEstados Unidos de América
Etniaestadounidense
Relixiónateísmo
Educado enMiramar High School e Bournville School
PaiJohn Christopher Depp
NaiBetty Sue Wells
Cónxuxe(s)Lori Allison e Amber Heard
FillosJack Depp e Lily-Rose Depp
Profesióndirector de cinema, produtor de cinema, guionista, actor de televisión, actor de cinema, actor de dobraxe, nightclub owner, guitarrista, actor e músico
Na rede
IMDB: nm0000136 Allocine: 12839 Rottentomatoes: celebrity/johnny_depp Allmovie: p18682 TCM: 48903 TV.com: people/johnny-depp
Facebook: JohnnyDepp Instagram: johnnydepp TikTok: johnnydepp Dialnet: 2689198 Spotify: 3OsHwkxpSIEqqmYoQxZTT5 iTunes: 15506997 Musicbrainz: 49654ec9-0c4d-44a6-a909-580ee9fbabb7 Songkick: 326928 Discogs: 268174 Allmusic: mn0000247383 WikiTree: Depp-6 Genius: Johnny-depp Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

John Christopher Depp II, nado en Owensboro, Kentucky, o 9 de xuño de 1963, é un actor, produtor e músico estadounidense. Gañou un Globo de Ouro e un Premio do Sindicato de Actores ó mellor actor.

Depp acadou a fama coa serie de televisión dos anos 1980 21 Jump Street, na que se converteu nun ídolo adolescente. Insatisfeito con esa condición, Depp empezou no cine para obter papeis que supuxeran un desafío maior. Interpretou o papel protagonista na aclamada Edward Scissorhands (1990) e posteriormente obtivo un grande éxito en filmes coma Sleepy Hollow (1999), Charlie e a fábrica de chocolate (2005), Alice in Wonderland (2010), Rango (2011) e a serie de Pirates of the Caribbean. Colaborou co director, e amigo seu, Tim Burton en oito filmes; sendo o último Sombras tenebrosas (2012).

Depp gañou o recoñecemento polas súas actuacións interpretando a Ed Wood en Ed Wood, Joseph D. Pistone en Donnie Brasco, Hunter S. Thompson en Fear and Loathing in Las Vegas, George Jung en Blow, Jack Sparrow na saga Pirates of the Caribbean, e ó ladrón de bancos John Dillinger en Public Enemies. Os filmes protagonizados por Depp tiveron no seu conxunto unha recadación de máis de $3,1 billóns nos Estados Unidos e $7,6 billóns arredor do mundo.[1] O seu maior éxito comercial foron os filmes da serie Pirates of the Caribbean que recadaron 3.727 millóns de dólares, Alice in Wonderland que acadou 1.024 millóns, Charlie and the Chocolate Factory con 474 millóns e The Tourist con 278 millóns.[2][3][4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cando era moi novo mudouse a Miramar, Florida. Os seus pais divorciáronse cando Depp tiña 16 anos de idade. O seu interese pola música espertou ao recibir unha guitarra coma agasallo da súa nai. De adolescente, formou parte de diversos grupos musicais, entre eles, o máis coñecido, The Kids. The Kids logrou acadar certo recoñecemento en Florida, chegando incluso a ser abreconcertos de Iggy Pop. Aos 18 anos trasladouse aos Ánxeles na busca dunha carreira no mundo da música. Casou cunha maquilladora, e foi ela quen lle presentou ao xove actor Nicolas Cage, quen lle aconsellou a Depp desistir nos seus intentos de lograr fama coma cantante de rock. Presentoulle ao seu axente, quen lle conseguiu o seu primeiro papel, na clásica película de terror A Nightmare on Elm Street (1984) de Wes Craven.

Carreira como actor[editar | editar a fonte]

Interpretou papeis tan diversos coma un xove con tesoiras no canto de mans, o peor director da historia do cine Edward D. Wood Jr., o máis grande amante de tódolos tempos en Don Juan De Marco, un axente encuberto do FBI en Donnie Brasco, o alter ego do escritor e periodista Hunter S. Thompson na película de culto Fear and Loathing in Las Vegas e recentemente ó pirata Jack Sparrow en Piratas do Caribe.

Na actualidade, unha das colaboracións máis recoñecidas é a que forman Johnny Depp e Tim Burton. Contribuíu con el en varias oportunidades, en Edward Scissorhands, Ed Wood, Sleepy Hollow, Charlie e a fábrica de chocolate, e dando voz a Victor Van Dort, protagonista de A noiva cadáver, entre outras.

Foi candidato ao Óscar ao mellor actor en tres ocasións, e en cinco ocasións ao premio de mellor actor nos Globos de Ouro.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Papel Notas
1984 A Nightmare on Elm Street Glen Lantz
1985 Private Resort Jack Marshall
1986 Slow Burn Donnie Fleischer
1986 Platoon Especialista Gator Lerner
1990 Cry-Baby Wade "Cry-Baby" Walker
1990 Edward Scissorhands Edward Scissorhands
1991 Freddy's Dead: The Final Nightmare Adolescente na TV Cameo
1993 What's Eating Gilbert Grape Gilbert Grape
1993 Benny e Joon Sam
1993 Arizona Dream Axel Blackmar
1994 Ed Wood Edward D. Wood, Jr.
1995 Nick of Time Gene Watson
1995 Dead Man William Blake
1995 Don Juan DeMarco Don Juan/John R. DeMarco
1996 Cannes Man El mesmo
1997 Donnie Brasco Donnie Brasco/Joseph D. Pistone
1997 The Brave Raphael
1998 Fear and Loathing in Las Vegas Raoul Duke
1998 L.A. Without a Map El mesmo/William Blake Cameo
1999 Sleepy Hollow Ichabod Crane
1999 The Astronaut's Wife Spencer Armacost
1999 The Ninth Gate Dean Corso
2000 Chocolat Roux
2000 Before Night Falls Tenente Victor, Bon Bon
2001 From Hell Frederick Abberline
2000 The Man Who Cried Cesar
2001 Blow George Jung
2003 O mexicano Sheldon Sands
2003 Pirates of the Caribbean: The Curse of the Black Pearl Jack Sparrow
2004 Happily Ever After L'inconnu Cameo
2004 Finding Neverland J. M. Barrie
2004 Secret Window Mort Rainey
2004 The Libertine John Wilmot
2005 Charlie e a fábrica de chocolate Willy Wonka
2005 A noiva cadáver Victor Van Dort Voz
2006 Pirates of the Caribbean: Dead Man's Chest Capitán Jack Sparrow
2007 Pirates of the Caribbean: At World's End Capitán Jack Sparrow
2007 Sweeney Todd, o barbeiro diabólico de Fleet Street Sweeney Todd/Benjamin Barker
2009 Public Enemies John Dillinger
2009 The Imaginarium of Doctor Parnassus Tony (Primeira transformación) Compartiu papel con Colin Farrell e Jude Law despois da morte de Heath Ledger
2010 Alice in Wonderland Sombreireiro tolo
2010 The Tourist Frank Tupelo/Alexander Pearce
2011 Rango Rango Voz
2011 Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides Capitán Jack Sparrow
2011 The Rum Diary Paul Kemp
2011 Jack and Jill El mesmo Cameo
2011 Hugo M. Rouleau
2012 21 Jump Street Cameo
2012 Sombras tenebrosas Barnabas Collins
2013 The Lone Ranger Tonto
2013 Lucky Them Matthew Smith Cameo
2014 Transcendence Dr. Will Caster
2014 Tusk Guy LaPointe
2014 London Fields Mark Asprey
2014 Into the Woods The Big Bad Wolf
2015 Mortdecai Charles Mortdecai Post-production
2015 Black Mass: Misa negra Whitey Bulger

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Oscar[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2008 Mellor actor Sweeney Todd, o barbeiro diabólico de Fleet Street Nomeado
2005 Mellor actor Finding Neverland Nomeado
2004 Mellor actor Pirates of the Caribbean: The Curse of the Black Pearl Nomeado

Globo de Ouro[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2008 Mellor actor - Comedia ou musical Sweeney Todd, o barbeiro diabólico de Fleet Street Gañador
2007 Mellor actor - Comedia ou musical Pirates of the Caribbean: Dead Man's Chest Nomeado
2006 Mellor actor - Comedia ou musical Charlie e a fábrica de chocolate Nomeado
2005 Mellor actor - Drama Finding Neverland Nomeado
2004 Mellor actor - Comedia ou musical Pirates of the Caribbean: The Curse of the Black Pearl Nomeado
1995 Mellor actor - Comedia ou musical Ed Wood Nomeado
1994 Mellor actor - Comedia ou musical Benny e Joon Nomeado
1991 Mellor actor - Comedia ou musical Edward Scissorhands Nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Johnny Depp — Box Office Data Movie Star". The-numbers.com. Consultado o 30 de xuño de 2011. 
  2. "Alice in Wonderland". Box Office Mojo. Consultado o 21 de agosto de 2013. 
  3. "Charlie and the Chocolate Factory". Box Office Mojo. Consultado o 21 de agosto de 2013. 
  4. "The Tourist". Box Office Mojo. Consultado o 21 de agosto de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]