Óboe
Aparencia
| Óboe | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||
O óboe[1] é un instrumento musical de vento madeira de lingüeta dobre que apareceu por primeira vez en Francia cara a 1660. Dende a súa invención apenas sufriu cambios. Evolucionou da chirimía tiple e inmediatamente foi aclamado pola súa variedade tonal calidade expresiva.
Os primeiros óboes posuían un ton estridente e desafinaban con facilidade, pero a pureza de ton do óboe moderno fixo que normalmente se use como referencia para afinar o resto dos instrumentos da orquestra.
A dificultade para soprar a través dunha boquilla de lingüeta dobre fai que as familias dos óboes e os fagots resulten difíciles de interpretar nos seus rexistros graves.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para óboe.