Saltar ao contido

Waterworld

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Waterworld
 Título
Waterworld Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua orixinal
 Cor
Autoría
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
Temática
 Tema principal
 Inspirado en
Mad Max (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Baseado en
 Universo ficticio
 Obra derivada
Publicación
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
 Recadación
264.218.220 $ Editar o valor en Wikidata
 Custo
175.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Formato de distribución
 Puntuación da crítica
56/100 Metacritic (14 de xullo de 2025)
47% Rotten Tomatoes (10 de outubro de 2024)
5.5/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
 Nomeamentos
Óscar ó mellor son (13 de febreiro de 1996) Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de publicación
13 de outubro de 1995 (Suecia)
28 de xullo de 1995 (Estados Unidos de América)
21 de setembro de 1995 (Alemaña)
1995 Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Duración136 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Identificadores
ISAN0000-0000-570B-0000-Y-0000-0000-9 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02z9rr Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Redes
IMDB: tt0114898 Filmaffinity: 160303 Allocine: 13247 Rottentomatoes: m/waterworld Mojo: waterworld Allmovie: v134902 TCM: 95164 Metacritic: movie/waterworld TV.com: movies/waterworld Netlix: 17672132 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Waterworld é un filme pos-apocalíptico de ciencia ficción. Foi dirixido por Kevin Reynolds e escrito conxuntamente entre Peter Rader e David Twohy. Foi estreado en 1995.

O filme está ambientado nun futuro distante. A pesar de que non se cita unha data exacta no filme, crese que podería ser o ano 2500.[1] Os casquetes polares están completamente derretidos e o nivel do mar incrementouse centos de metros, cubrindo case toda a superficie da terra. O filme ilustra isto cunha variación do logo de Universal Pictures, que comeza de forma corrente coa imaxe da Terra, pero logo vese como a auga vai cubrindo gradualmente o planeta ata que a terra queda totalmente somerxida. O argumento do filme xira arredor dun anti-heroe sen nome, "O Mariñeiro", un viaxeiro que navega a Terra no seu trimarán.

No futuro os casquetes polares derreteron e a auga cobre a total superficie do planeta. Por este motivo, a auga doce é o ben máis prezado que existe, e os seres humanos sobreviven en plataformas flotantes na busca incesante de auga potable e lembrando unha lenda, segundo a cal nalgún lugar existe terra seca. O Mariñeiro (Kevin Costner) é un viaxeiro solitario que vive do comercio de obxectos. Un día chega a un atol de chatarra e vende terra ós seus habitantes, pero eles, ó decatarse de que é un mutante (metade peixe, metade humano), condénano a morte.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Kevin Costner como O Mariñeiro. É o protagonista da historia. Trátase dunha mutación de home-peixe con branquias funcionais e membranas nas extremidades, que lle permiten nadar velozmente. É solitario e reservado.
  • Dennis Hopper como O Diácono. É o principal inimigo. É o líder dun grupo de delincuentes chamados Smokers, que se adican á pillaxe e ó asasinato dos escasos asentamentos flotantes (atol) dos superviventes da inundación. O seu obxectivo é atopar Terra Seca.
  • Jeanne Tripplehorn como Helen. É unha muller que vive ó coidado de Enola nun atol. Cre na existencia de Terra Seca, e por iso salva da morte ao mariñeiro, para que lles axude a atopala.
  • Tina Majorino como Enola. É unha nena orfa procedente de Terra Seca, que leva unha tatuaxe nas costas, que en realidade é un mapa con indicacións para volver ó seu lugar de orixe. Sempre está facendo debuxos de árbores e animais aínda que non os lembra moi ben, e non sabe o que son. Enola significa "só" ("Alone" escrito ó revés).

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
  • 1995: Nomeamento ó Oscar: Mellor son.
  • 1995: Nomeamento BAFTA: Mellores efectos visuais.
  1. The Making of Waterworld by Janine Pourroy (agosto de 1995). Production designer Dennis Gassner states: "The date was 2500."

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]