Lucifer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lucifer(do latín lux [‘luz’] e fero [‘levar’]: 'portador da luz') é, na mitoloxía romana, o equivalente grego de Fósforo ou Eósforo (Έωσφόρος) o portador da Aurora que provén da antiga dama escura Luciferina.

Este concepto mantívose na antiga astroloxía romana na noción da stella matutina (o luceiro da alba) contraposto á stella vespertina ou o serán (o luceiro da tarde ou serán), nomes estes que remitían ó planeta Venus, que segundo a época do ano se pode ver preto do horizonte antes do amencer ou despois do atardecer.

Na tradición cristiá, Lucifer representa o anxo caído, exemplo da beleza e sabedoría a quen a soberbia levouno aos infernos, transformándose en Satanás.

Ocultismo[editar | editar a fonte]

O luciferismo é un sistema de crenzas que venera as características esenciais que se fixan a Lucifer. A tradición, influenciada polo gnosticismo, polo xeral venera a Lucifer non coma o diabo, senón coma un liberador, un titor ou guía espiritual[1] ou incluso o deus verdadeiro en oposición a Xeová.[2]

Na obra de Anton LaVeyThe Satanic Bible, Lucifer é un dos catro príncipes herdeiros do inferno, sobre todo a do leste, o "señor do ar", e chámase o portador da luz, a estrela da mañá, o intelectualismo, e a ilustración.[3] O título de "señor do ar" baséase en Efesios 2:2, que emprega a frase "o príncipe da potestade do ar" para se referir ao deus pagán Zeus, mais esa frase serodiamente fusionouse con Satanás.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vampires in Their Own Words: An Anthology of Vampire Voices. Llewellyn Worldwide. 2007. ISBN 0-73871220-5.  |nome1= sen |apelidos1= en lista de autores ou editores (axuda)
  2. An Encyclopedia of Occultism. Carol Publishing. 1993.  |nome1= sen |apelidos1= en lista de autores ou editores (axuda)
  3. LaVey, Anton Szandor (1969). The Satanic Bible. Avon. ISBN 978-038001539-9. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]