Bruce Willis
Bruce Willis | |
---|---|
![]() Willis en xullo de 2010. | |
Nome completo | Walter Bruce Willis |
Alcume/outros | W.B. Willis Bruno |
Nacemento | 19 de marzo de 1955 (65 anos) |
Lugar | Idar-Oberstein, ![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Relixión | ateísmo |
Educado en | Montclair State University |
Cónxuxe(s) | Demi Moore (1987–2000) Emma Heming (2009–presente) |
Fillos | Rumer, Scout, Tallulah |
Profesión | Actor, produtor, músico |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Walter Bruce Willis, nado en Idar-Oberstein, Alemaña, o 19 de marzo de 1955, é un actor estadounidense.
Biografía[editar | editar a fonte]
Nado como Walter Bruce Willis nunha base militar estadounidense en Alemaña de pai americano e nai alemá. Foi o irmán máis vello de catro irmáns (tres nenos e unha nena) un dos cales, David Willis é produtor de cine. Creceu en Penns Grove, Nova Jersey onde demostrou ser un grande estudante, e onde toma clases de teatro por primeira vez, que, non obstante, ó rematar os seus estudos secundarios non iría á universidade, senón que empezaría a traballar transportando traballadores nunha fábrica local, máis tarde como garda de seguridade nunha central eléctrica. E tamén tocando a harmónica cun grupo de R&B chamado Loose Goose. Máis tarde, botando en falla a actuación, estuda arte dramática na Universidade Estatal de Montclair, da cal marcha a Nova York para comezar a súa carreira de actor.
Fai o seu debut no cine na película The First Deadly Sin (1980), non obstante o público empeza a fixarse nel cando interpreta un bo papel na serie de TV Miami Vice, o que lle serve de trampolín para conseguir o papel protagonista na afamada serie da ABC Moonlight (1985-1989). E no ano 1988 cando consegue o papel de John McLane na película de acción Die Hard, que acabaría marcando a súa carreira, no que redefine o heroe de acción como un home vulnerable e case sempre á beira do erro. Máis tarde, no ano 1989, Willis explora a súa parte cómica na película Look Who's Talking.
No ano 1987 cando casa coa súa noiva, a tamén actriz Demi Moore, coa que terá tres fillos antes do seu divorcio no ano 2000.
E no ano 1990 cando Bruce Willis empeza un período de altibaixos, primeiro co fracaso de crítica e público The Bonfire of the Vanities (1990), seguido do grande éxito The Last Boy Scout (1991), e un novo fracaso con Hudson Hawk (1991). E tamén neste período cando Bruce Willis ofrece dúas das súas mellores actuacións, primeiro en Mortal Thoughts (1991), na que comparte protagonismo coa súa muller Demi Moore, e máis tarde con Billy Bathgate (1991), non obstante o publico dálle as costas.
Tras esta fase de incerteza a fama de Bruce Willis parecía ir decrecendo, non obstante Willis volve dar mostra da súa calidade como actor no filme de 1994 Pulp Fiction, dirixida por Quentin Tarantino. Tras este éxito Willis parece atopar de novo o rumbo e sorprende coa súa interpretación na película 12 Monkeys (1995), na que comparte protagonismo con Brad Pitt. Estas dúas boas películas pareceron ser un espellismo pois as súas seguintes películas deron pobre resultado tanto en público como en crítica.
Porén, Willis volveu demostrar ser un moderno Ave Fénix coa súa interpretación no grande éxito Armageddon (1998), que recadou 200 millóns de dólares, e despois coa película O sexto sentido (1999), que lle valeu o recoñecemento por parte da crítica.
Ultimamente tras películas como Hart's War (2002), Bágoas do sol (2003), e Sin City (2005), a carreira de Willis semella gozar de moi boa saúde.
Filmografía[editar | editar a fonte]
Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1980 | The First Deadly Sin | Home entrando a comer | |
1982 | O veredicto | Courtroom Observer | Sen creditar |
1985 | A Guru Comes | Extra | Sen creditar |
1987 | Cita a cegas | Walter Davis | |
1988 | The Return of Bruno | Bruno Radolini | |
1988 | Sunset | Tom Mix | |
1988 | Die Hard | John McClane | |
1989 | That's Adequate | El mesmo | |
1989 | In Country | Emmett Smith | |
1989 | Look Who's Talking | Mikey | Voz |
1990 | Die Hard 2 | John McClane | |
1990 | Look Who's Talking Too | Mikey | Voz |
1990 | The Bonfire of the Vanities | Peter Fallow | |
1991 | Mortal Thoughts | James Urbanski | |
1991 | Hudson Hawk | Eddie 'Hudson Hawk' Hawkins | Guionista |
1991 | Billy Bathgate | Bo Weinberg | |
1991 | O último Boy Scout | Joseph Cornelius 'Joe' Hallenbeck | |
1992 | The Player | El mesmo | |
1992 | Death Becomes Her | Dr. Ernest Menville | |
1993 | Loaded Weapon 1 | John McClane | |
1993 | Striking Distance | Tom 'Tommy' Hardy | |
1994 | North | Narrador | |
1994 | Color of Night | Dr. Bill Capa | |
1994 | Pulp Fiction | Butch Coolidge | Nomeado — Chlotrudis Award ó mellor actor secundario |
1994 | Nobody's Fool | Carl Roebuck | |
1995 | Die Hard with a Vengeance | John McClane | |
1995 | Four Rooms | Leo | |
1995 | 12 Monkeys | James Cole | |
1996 | O último home íntegro | John Smith | |
1996 | Beavis and Butt-Head Do America | Muddy Grimes | Voz |
1997 | Le Cinquième Élément | Korben Dallas | |
1997 | The Jackal | O chacal | |
1998 | Mercury Rising | Art Jeffries | |
1998 | Armageddon | Harry S. Stamper | Nomeado ó Saturn Award ó mellor actor |
1998 | The Siege | Xeneral William Devereaux | |
1999 | Franky Goes to Hollywood | El mesmo | |
1999 | Breakfast of Champions | Dwayne Hoover | |
1999 | O sexto sentido | Dr. Malcolm Crowe | Nomeado ó Saturn Award ó mellor actor |
1999 | Historia do noso | Ben Jordan | |
2000 | The Whole Nine Yards | Jimmy "The Tulip" Tudeski | |
2000 | Disney's The Kid | Russell 'Russ' Duritz | |
2000 | Unbreakable | David Dunn | |
2001 | Bandits | Joe Blake | |
2002 | Hart's War | Coronel William A. McNamara | |
2002 | Grand Champion | Mr. Blandford | |
2003 | Bágoas do sol | Tenente A.K. Waters | |
2003 | Rugrats Go Wild | Spike | Voz |
2003 | Charlie's Angels: Full Throttle | William Rose Bailey | |
2004 | The Whole Ten Yards | Jimmy "The Tulip" Tudeski | |
2004 | Ocean's Twelve | El mesmo | |
2005 | Hostage | Jeff Talley | Tamén produtor |
2005 | Sin City | John Hartigan | |
2006 | Alpha Dog | Sonny Truelove | |
2006 | 16 Blocks | Jack Mosley | Tamén produtor |
2006 | Fast Food Nation | Harry Rydell | |
2006 | Lucky Number Slevin | Mr. Goodkat | |
2006 | Over The Hedge | RJ | Voz |
2007 | The Astronaut Farmer | Coronel Doug Masterson | |
2007 | Perfect Stranger | Harrison Hill | |
2007 | Grindhouse | Lt. Muldoon | |
2007 | Nancy Drew | El mesmo | |
2007 | Live Free or Die Hard | John McClane | Tamén produtor. |
2008 | What Just Happened | El mesmo | |
2008 | Assassination of a High School President | Director Kirkpatrick | |
2009 | Surrogates | Axente Tom Greer | |
2010 | Vaia dous policías | Jimmy Monroe | |
2010 | The Expendables | Mr. Church | |
2010 | Red | Frank Moses | |
2011 | Catch .44 | Mel |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bruce Willis ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Bruce Willis na IMDb (en inglés).