Tres Bispos
Aparencia
| Tipo | montaña | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | Cervantes, España e A Veiga de Espiñareda, España | |||
| ||||
| Cordilleira | Cordal Cantábrico e Serra dos Ancares | |||
| Características | ||||
| Altitude | 1.794 m | |||
O Tres Bispos é un pico situado na Serra dos Ancares, cunha altitude de 1795 metros. Atópase no concello de Cervantes.
Toponimia
[editar | editar a fonte]Segundo a tradición o nome vén de que aquí se reunían os bispos das dioceses de Lugo, Astorga e Oviedo. No lugar hai unha columna (marco) de pedra.[1]
Ascensión
[editar | editar a fonte]Desde o lugar da Degrada (Cereixedo, Cervantes) chégase nun quilómetro ao refuxio de Ancares. Desde alí, a primeira parte transcorre por unha estrada asfaltada para a continuación gañar altitude pouco a pouco até a campa de Tres Bispos. Unha vez aí, un sendeiro chega ao cume.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A Campa de Tres Bispos". galiciaencantada.com. Consultado o 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ascensión ao Tres Bispos desde o refuxio de Ancares Arquivado 04 de abril de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
